viernes, 27 de febrero de 2015

LIA e MARTIÑO

Xa a tendes nas vosas mans o libro prometido. Ben, téndelo os de 4º, 5º e 6º, por iso, para o resto do alumnado iremos poñendo aquí pequenos relatos máis proximos aos pequenos. Hoxe imos presentarvos aos protagonistas: Lía e Martiño. Lía, diminutivo de...?, empeza sendo unha alumna que estrena o colexio San Tomé, cando ainda se estudaba a EXB. Dende a ventá do seu cuarto mira todas as noites a luz do faro de Ons, onde vive Martiño, o fillo do fareiro da illa. Non se coñecen e cada un pensa que vive no mellor sitio do mndo.

 Esta é Lía, mellor dito, o cabelo de Lía, que nos pintou a profesora Elena.

E este é o dedo de Martiño preparado para encender a lámpada do faro de Ons.


No hay comentarios: