viernes, 27 de febrero de 2015

CONCURSO DE RELATOS CURSOS

Marta, Elia e Alba atrevéronse a enviar cadanseu relato ao certame de Relatos Curtos que organizan varias editoriais e asociacións. Xa sabemos que neste certame participan moitos alumnos e anque hai varias categorías, na banda de primaria son moitos os rapaces e rapazas que colaboran. O caso é que elas xa están de noraboa por querer participar. Non nos esquecemos do esforzo que fixeron Laura e Aiton, pero como lles explicamos, os seus textos precisaban un pouco máis de traballo. Tanto estes últimos como os das tres participantes no certame expoñeremolos en Lectoriño cando remate o prazo legal para poder facelo.

No hay comentarios: