Guau!!!! Que bonito, que colorido, que aproveitado resultou o antroido deste ano. Pudeimos ver faros como a Estatua da Liberdade e algún profe especialista; electricistas para manter as tomas de corriente listas e que nada fallase; científicos cunha enorme patente da máquina luminosa; traxes irisisados con CDs, 150 vagalumes para alumear máis ainda o pavillón, expléndidos e divertidos soles choscos, con gafas, cegos, sorrintes; sombras, ou mellor dito, "chupaluses", para que alumearan os faros que levaban en calquera parte do seu corpo, bombillas multicores... Todo esto regado con boa auga mineral e unha chea de filloas, orellas, rosas, rosquillas...
Xa sabedes que para mirar as fotos do día tendes que ir a webb do cole onde o profe Manu colgou arredor de 120 imaxes.
Vémonos o xoves
No hay comentarios:
Publicar un comentario