miércoles, 13 de febrero de 2013

O BURRO

Dentro do estudo dos animais do mundo que estades a facer nalgunhas aulas, veunos á man dende a cabeza de Mon vía pen drive ata o noso ordenador, un documento moi interesante, curioso, simpático e científico sobre un animaliño pouco estimado cun nome que algúns utilizan para amolarnos. Pero mirade por onde o sustantivo ou calificativo nada ten que ver co que aquí se conta. Prestade atención!!!!
o burro by

AS CASAS DE 4º B


O curso de 4º B leu un precioso  libro de  Paula Carballeira titulado “Casas”.  Un libro de relatos e poemas que abordan o concepto da vivenda e a vida no seu interior en países moi lonxanos pero todos eles entrañables. Froito desas lecturas colectivas na “hora de ler” e da posta en común qué a profesora Lula ten moi ben organizada, saíron outros relatos, descripcións, xuizos críticos e, o qué hoxe vos imos deixar aquí: un traballo plástico sobre as casas tal como as imaxinaron os seus alumnos/as. Anque todos traballaron por parellas nalguns casos tamén se aprecia a colaboración importantísima dos pais e nais, aos qué lle agradecemos o seu interese pola escola e no qué aque traballamos.

martes, 12 de febrero de 2013

Libros para o San Valentín

Boas lectoriñ@s!!
O próximo xoves volvemos ao cole e, coincidencias da vida, é o día dos namorados, o San Valentín.
Se queredes ler algún libro relacionado con este fermoso día, aquí tes algunhas propostas:

Enamorados. Ed. Kókinos
Ernesto quere a Salomé pero non sabe como demostrarllo, realmente, tampouco sabe o que é estar namorado... Este libro davos algunha pista.








La media naranja. Ed. Thule.
Cando coñeces á túa media laranxa non sempre está madura. Pero se realmente é a túa metade, non tardará en caer da árbore e estará lista.








Abuelos. Chema Heras y Rosa Osuna
Preciosa historia de dous avós que aceptan o paso dos anos. A beleza exterior pérdese pero podes atopala mirando na profundidade dos ollos con amor.







Adivina cuánto te quiero. Ed. Kókinos
¿Pódese medir o amor? Moitas veces queremos cuantificar este sentimento, pero non é algo doado.

miércoles, 6 de febrero de 2013

Libros do Entroido

Xa chegou o Entroido a San Tomé!!
Nótase polos corredores que a Interculturalidade tivo moito que ver neste Entroido 2013... Pero das imaxes e dos recursos para traballar o Entroido encárganse os nosos compañeiros de Extraescolares.
O que nos trae a nós por aquí é aconsellarvos algún que outro libro que ten como temática principal o Entroido; aí van:

Carnaval. Ed. La Galera
Neste libro aprenderás dunha forma comprensible todo o relacionado co Entroido e cos disfraces.








El carnaval de los animales. Ed. Juventud.
Neste libro os disfraces son unha disculpa para coñecer aos animais.









Os contos da rata Luisa. A Nosa Terra.
O noso roedor máis querido e entrañable vive unha das súas apaixoantes historias no Entroido máis cercano.





Teo se disfraza. Timun Mas Infantil.
Teo e os seus amigos prepáranse a conciencia para saír polas rúas disfrazados en pleno Entroido.








Los disfraces de las tres mellizas. Destino Infantil y Juvenil.

Neste libro tes tres bonecas magnéticas ás que poderás disfrazar de moitas maneiras!!









O Entroido. Ed. Galaxia
Todo o mundo tolea neste libro, a xente se disfraza pola rúa, hai filloas para todos...

viernes, 1 de febrero de 2013

UNS CONTOS SELECCIONADOS

Moi boas mañáns! Estes días da Paz fixemos unha selección de traballos feitos na clase polos nenos e nenas de 4ºB e 5º A. Démoslle a ler un capítulo do libro "Saudades de Kissinger" do escritor de Tel Aviv, Israel, Ergar Keret. O capítulo titúlase "Escachar o porquiño". Unha profe leullo nas clases e resulta que o final non llo contou. Pediulles que escribisen eles un posible final e moi poucos mataron a Pesahzón... Claro, os que non lestes o relato non vos estades a enterar do que vos contamos. P

ara arreglalo, de seguido quédabos o capítulo e algúns dos finais seleccionados. De ningún hai nada que dicir, todos teñen o seu encanto, todos amosan os sentimentos dos autores e autoras. Moitas felicidades.







jueves, 31 de enero de 2013

BECHOS PEQUENOS

Non o dixemos na reportaxe anterior? Dunha igrexa a un monte descubriron outros animaliños que lles chistaron, e BECHOS PEQUENOS lles chamaron: ratos e ratas, cortas, trilladeiras, furafollas, toupas, leiróns, aguaneiras, muraños, furapresas, esquíos, o ourizo cacho, a donicela e o armiño... Sabiades que existían tantos con nomes tan paveron? Pois si: temos unha terra moi habitada. Descubrídeo aquí.

miércoles, 30 de enero de 2013

OS QUE FALTABAN

Continuación da entrega dos Bechos Pequenos. Máis información para o estudo da fauna galega pois non debemos esquecer que esta tamén forma parte do mundo mundial.

Bichiños e bichazos...

Adeus aos mamíferos, ola ao réptiles

martes, 29 de enero de 2013

Roque vai descansar

Polo de agora Roque e Raimundo van descansar no seu acubillo. Fixeron centos de quilómetros e antes de buscar novos destinos -que xa teñen na cabeza- pasarán uns días colgados da casiña do chopo do patio.

domingo, 27 de enero de 2013

O 2º ciclo decora o seu corredor

Como podedes ver nas imaxes, a Interculturalidade está totalmente presente no mural que fixeron os alumnos/as do segundo ciclo coas súas mestras. "O mundo é máis interesante se o forma xente diferente" é o lema que se pode ler sobre un fondo con diferentes caras. Parabéns polo excelente traballo.