martes, 31 de enero de 2012

NOVA PROPOSTA SOBRE RODARI

Como xa ides vendo, o cole estase a encher de bosques, casiñas, personaxes, cores.... e seguindo nesa liña, propoñemos novos proxectos. Pero antes, algunhas fotiños dos corredores de abaixo. Pero os do piso de arriba xa empezan a envexalos.

 Entrada da biblioteca ainda en construcción
 A carón da biblioteca está o mar da Sereiña
 Outro cacho de pasillo
 Os sete cabuxiños 
 Outro corredor con Tarzán
 O corredor que vai a Infantil
 A carroza de Cincenta
 A casiña do porquiño máis larchán
A casiña do lobo feroz

Xa vístedes que antes do nadal fixemos unha pequena exposición de tarxetas respondendo a uns por que inventamos os/as profes da biblioteca. Pero agora tamén tendes que imaxinar vós. O  proxecto que vos propoñemos é este


PROPOSTAS PARA TRABALLAR OS POR QUE

OBXECTIVOS
-          Buscar información que responda aos por que plantexados
-         Desenvolver a imaxinación do alumnado dando respostas creativas aos por que persoais



PROPOSTAS
·        Cada alumno/a, en grupo, por parellas… pensaran unha pregunta e daralle unha resposta escrita.
·        O Equipo da biblioteca tamén propoñerá preguntas a contestar polos nenos no caso de que non se lles ocurra nada. Elaborarase un cartel con preguntas paveras, curiosas,… e colocarao no oco da escaleira, á vez que expoñerá as tarxetas con por ques xa contestados. Estas tarxetas pódense subir ás clases e logo devolvelas.

PROCESO
·  Trátase de que a cada pregunta lle den a resposta correcta (Por que os folios son rectangulares, por que se lles chama A4….?) e outra imaxinativa.
·  A pregunta e as respostas (curtiñas) deberanse escribir nunha tarxeta que será dada polo equipo de biblioteca (1 folio= 3 tarxetas)
·  As tarxetas deben ir un pouco decoradas (cenefas, debuxos, borde….)
·  As tarxetas expoñeranse e, logo, daráselle formato de libriño.
·  As preguntas tamén as pode formular a profesora (a mesma para todos), un alumno/a, … Esto sobre todo para infantil e 1º.




lunes, 30 de enero de 2012

TÉCNICAS DE RODARI

Xa era hora, non sí? Xa está todo preparado e saímos a escape. Nos vindeiros días as profes e os profes irán propoñéndovos moitas actividades arredor de Rodari. Para que saibades o que temos -e que non sempre vos poñan as máis "pesadas", deixámosvos unha mostra da carpeta dos Xogos de Rodari que fomos inventando para vos. Podedes atopalos completos na carpeta da estantería esquina da biblioteca. 
https://docs.google.com/present/view?id=dd9dcmg8_1xtjrbzfq

martes, 22 de noviembre de 2011

Nova proposta

Estamos a darlle voltas a un libro de Rodari titulado "O libro dos por que". Non hai maneira de conseguilo pois está descatalogado. Con todo, andamos á súa procura pola rede. Non o atopamos completo pero sí en anacos, en preguntas... tanto en castelán como en portugués e italiano.
É un libro divertido no que Rodari -que xa sabedes que era mestre- tentaba dar resposta ós porque dos seu alumnos e de outros nenos de entre 5 e 8 anos. Unhas respostas eran científicas, outras, lóxicas e outras disparatadas. Respondíalles en prosa e en verso, con exemplos e comparacións... Moi pavero.
Para introducir o tema, fixemos algunhas tarxetas con preguntas de Rodari e outras dos profes da biblioteca dándolle respostas diversas. De momento é só un adianto. Podedes velas no oco da escaleira do piso de abaixo pero para o mes que ven, antes do Nadal, imos facerlle varias propostas ás/ós titores... Esperemos que acepten!.


Máis carapuchiñas

Que tal ides coas vosas creacións? Ás e ós profes da biblioteca empezan a esgotársenos as ideas pero para iso estades vos, para superarnos.
Consideramos que ainda nos quedaban por tratar algúns textos como a carta, e así, dándolle voltas ata marearnos, fixemos algúns máis. Tendes unha Carapuchiña iletrada, O correo que a nai da Carapuchiña mantén coas madrastras de Brancaneves, e Cincenta e a resposta da súa filla, unha Carapuchiña do revés que podedes ler co espello.... Sabemos que alguns e algunhas estades a intentar ler a última sen espello pero ó final desistides!!!!!!!







Os vosos contos


Como vos prometemos, imos deixarvos hoxe 3 contos da Carapuchiña que puxéchedes nas cestas. Iremos pouco a pouco publicándoos porque xa hai bastantes: Cristina Doval, Carlos Portas, Ángela, Laura, nenos e nenas de 5º B... Unha petición: se sodes amables, podedes escribilos e decoralos xa cunha letra e ilustracións propias? Así non temos que reescribilos nós. Gústanos máis meter os vosos traballos tal como os facedes. Grazas.
A Carapuchiña da profe Laura de Infantil deu pé a que apareceran todas estas outras...

  que fixeron os nenos e nenas de 3º. Agora están escribindo os contos. Digamos que estes debuxos van convertirse nas portadas das historias.

Este é un contiño escrito con acrósticos. A ilustración fíxoa o equipo da biblioteca pero seguro que vós sabedes facela igual de bonita. Ánimo coas historias e as ilustracións.
Un pouco modificado, este conto titúlase Tacirupeca. A idea parteu de algúns profes que a saben de memoria.
Cun pouco de esforzo podedes lela aquí e senón, buscádea polos corredores. Se non a atopades, é posible que esté nalgunha clase. Preguntade.
José Manuel de 6º B escribiu Carauchiña: unha heroína. É un texto teatral. Poñémosvos de seguido as páxinas:



Dúas Carapuchiñas no mesmo libro: Carapuchiña Robótica e Carapuchiña de campo e Carapuchiña de cidade. 



Estes contos son de Rita, unha nena de 2º que quixo colaborar.
A todos, noraboa e a seguir pensando, creando, escribindo, debuxando....

martes, 1 de noviembre de 2011

A Carapuchiña Vermella

 Cantas Carapuchiñas hai? Unha soa?. Disque non. A primeira Carapuchiña escribiuna un francés chamado Perrault  en 1697 e parécese á que nós coñecemos -a dos irmáns Grimm- pero non é a mesma. A versión orixinal fala dunha nena, dunha nai, dunha avoa e dun lobo, pero o remate non é igual: nesta a Carapuchiña é engulida e dixerida polo lobo. Aquí a tendes:

Carapuchiña era unha nena que quería moito á súa avoíña, e a nai deulle unha cesta chea de comida para que levase a merenda á avoíña, que vivía nunha casa no bosque.
A nai advertiulle que mentres estivese no bosque non se apartase do camiño, e que non se entretivese. Carapuchiña , obediente, foise a casa da avoíña facendo como lle dixo a súa nai.
Cando xa estaba no bosque, atopouse co lobo, quen lle preguntou cara a onde ía. Carapuchiña contestoulle que a casa da súa avoíña, que estaba enferma, a levarlle unha merenda; e díxolle todo o que levaba na cesta.
Entón o lobo retou a Caperucita a correr unha carreira cara á anciá. Díxolle que había dous camiños, un longo e un curto. Afirmoulle a Carapuchiña que deixaría que ela tomase o curto e que el tomaría o longo, pero o moi astuto ensínolle os camiños ao revés e nena, sen sabelo, tomou o camiño longo. O lobo, que obviamente chegou antes á casa da avoíña, fíxose pasar por Carapuchiña xa ante a porta. A avoíña díxolle que pasase, que a porta estaba aberta. O lobo entrou, comeu á avoa dun só bocado, púxo a roupa para facerse pasar por ela e meteuse na cama a esperar a Carapuchiña . Mentres, Carapuchiña , esquecendo o que lle dixo a súa nai, aínda estaba no bosque recollendo flores polo camiño longo.
Cando chegou Carapuchiña a casa da avoíña, chamou á porta e oiu que lle dicían que abrise a porta e entrase. Así o fixo e, xa dentro, empezou a falar con quen cría que era a avoíña, pero que era o lobo. Este díxolle que se metese con "ela" na cama para darse calor, e así sería.
C - Que ollos máis grandes tes!
L - Para verte mellor!
C - Que orellas máis grandes tes!
L - Para oirte mellor!
C - E que dentes máis grandes tes!.
L - Para comerte mellor!


[A partir de aquí é cando se dan as diferenzas máis importantes entre as versións antigas máis difundidas
E dicindo estas palabras, este lobo malo abalanzouse sobre Caperucita Vermella e comeuna.

E como Rodari nos dixo que, entre outras moitas cousas, podemos imaxinarnos outras historias, outros finais, outras épocas.... acordamos comezar polo máis coñecido: A Carapuchiña Vermella. Así, os profesores, e profesoras, decidimos escribir tamén as nosas versións. Recollemos a Rodadi,  Roald Dahl e  Gabriela Mistral pero tamén a de Laura, Blanca, Victor, Elena, Mon e algunha que outra anónima -pero moi bonitas. Mentres, esperamos polas vosas.

     A Carapuchiña da profe Elena de infantil
             Unha versión do profe Mon en pictogramas

   O profe Victor sorprendeunos coa Carpuchiña con Burka

  Esta non entraba nun panel e puxémola en libro grande....que tamén é do profe Mon
O libro por dentro .
  A profe Laura deixounos esta Carapuchiña cor café. Unha historia real que lle pasou a súa nai

     Blanca escríbenos unha Carapuchiña moderna que chatea co lobo


      Esta é a de Rodari. Os máis pequenos escachan a risa con ela.
   Un cantar de cego, escrito e ilustrado por.... Mon?. Pois claro. Agora quédanos que as cantoras de San Tomé a canten. Estanlle buscando a melodía.
 Neste caso temos a versión do lobo. Parece ser que non era tan malo e Carapuchiña xunto coa avoa non eran tan boas.

             A versión de Roald Dahl deu pé a que naceran unhas cantas Carapuchiñas en verso

Ben. Outro día publicaremos as que faltan: as Carapuchiñas en acrósticos, as enigmáticas, as do pobo común... pero sobre todo, esperamos as vosas.

Libros de Rodari

Xa tendes á vosa disposición algúns dos títulos de Gianni Rodari que o equipo da biblioteca traduciu, escribiu e decorou para vós. Algúns xa empezáchedes a ler, outros a mirarlle as ilustracións e outros, que o sabemos ben! xa estades a escibir os vosos relatos. Eso é o que queremos e xa sabedes que tendes nos corredores e na biblioteca unhas cestas para meter dentro as vosas creacións e que serán publicadas no blogue para que todos poidades acceder a elas. Ademais, se nos queda un pouquiño de tempo, agruparémolas e faremos uns libros que quedarán expostos na biblioteca.









Aquí deixámosvos una mostra pequeniña dos libros feitos polo equipo (Camino, Victor, Elena, Laura, Marisa, Marité, Patricia, Teresa, Encarna, Lula, Mon e Elvira)