Como xa ides vendo, o cole estase a encher de bosques, casiñas, personaxes, cores.... e seguindo nesa liña, propoñemos novos proxectos. Pero antes, algunhas fotiños dos corredores de abaixo. Pero os do piso de arriba xa empezan a envexalos.
Entrada da biblioteca ainda en construcción
A carón da biblioteca está o mar da Sereiña
Outro cacho de pasillo
Os sete cabuxiños
Outro corredor con Tarzán
O corredor que vai a Infantil
A carroza de Cincenta
A casiña do porquiño máis larchán
A casiña do lobo feroz
Xa vístedes que antes do nadal fixemos unha pequena exposición de tarxetas respondendo a uns por que inventamos os/as profes da biblioteca. Pero agora tamén tendes que imaxinar vós. O proxecto que vos propoñemos é este
PROPOSTAS PARA TRABALLAR OS POR QUE | |
OBXECTIVOS | - Buscar información que responda aos por que plantexados - Desenvolver a imaxinación do alumnado dando respostas creativas aos por que persoais |
PROPOSTAS | · Cada alumno/a, en grupo, por parellas… pensaran unha pregunta e daralle unha resposta escrita. · O Equipo da biblioteca tamén propoñerá preguntas a contestar polos nenos no caso de que non se lles ocurra nada. Elaborarase un cartel con preguntas paveras, curiosas,… e colocarao no oco da escaleira, á vez que expoñerá as tarxetas con por ques xa contestados. Estas tarxetas pódense subir ás clases e logo devolvelas. |
PROCESO | · Trátase de que a cada pregunta lle den a resposta correcta (Por que os folios son rectangulares, por que se lles chama A4….?) e outra imaxinativa. · A pregunta e as respostas (curtiñas) deberanse escribir nunha tarxeta que será dada polo equipo de biblioteca (1 folio= 3 tarxetas) · As tarxetas deben ir un pouco decoradas (cenefas, debuxos, borde….) · As tarxetas expoñeranse e, logo, daráselle formato de libriño. · As preguntas tamén as pode formular a profesora (a mesma para todos), un alumno/a, … Esto sobre todo para infantil e 1º. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario