CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
A ACTIVIDADE QUE LEVAMOS A CABO CONSISTIU NA ELABORACIÓN DUN MURAL CHEO DE POESÍAS QUE OS NENOS E NENAS FORON CREANDO E RECOLECTANDO, PARA PODER COLLER LIBREMENTE E DESFRUTAR DUN PEQUENO POEMA...
ADEMAIS, FIXEMOS UNHA SEMANA DE RECITAIS DE POESÍA NA BIBLIOTECA, NA CAL AQUELES NENOS E NENAS QUE VOLUNTARIAMENTE QUERÍAN COMPARTIR A SÚA POESÍA COS DEMAIS, PODÍAN LELA PARA TODOS/AS OS ASISTENTES DURANTE O RECREO.
FORON UNHAS XORNADAS MOI ESPECIAIS!!GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORASTEDES E FIXESTEDES POSIBLE ESTA ACTIVIDADE!!!
PRONTO TEREMOS MÁIS NOVIDADES, E AGORA...A DESFRUTAR CO VÍDEO RESULTADO DO NOSO TRABALLO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario