OS NENOS E NENAS DO CEIP SAN TOMÉ, EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E A MESTRA DE MÚSICA, CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA CUNHAS ACTIVIDADES MOI ORIXINAIS!
FIXEMOS UN VÍDEO NO QUE TODAS AS AULAS PARTICIPARON RECITANDO UN ANACO DO POEMA "EU CANTAR, CANTAR, CANTEI" DA NOSA ROSALÍA.
ADEMAIS, O LUNS REUNÍMONOS TODOS NO XIMNASIO PARA VER O RESULTADO E PARA RECITAR O SEU POEMA MÁIS FAMOSO "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"... ...E CANTAR UNHA CANCIÓN DEDICADA A ELA!
PERO ISTO NON REMATA AQUÍ...DURANTE ESTA SEMANA, TEMOS SESIÓN DE POESÍA NA BIBLIOTECA DO COLE, NA CAL OS NENOS E NENAS NO RECREO PODERÁN VIR A VISUALIZAR O VÍDEO CO RESULTADO DO NOSO TRABALLO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario