jueves, 16 de febrero de 2012

PROXECTO DOS POR QUE

Como vos vai cos vosos por ques, coas respostas orixinais...?
Xa vos dixemos a dificultade para atopar o libro, por iso o equipo da biblioteca fixo unha adaptación do libro que conseguimos en italiano. Podedes velo polos corredores. Tamén podedes coller os paneis e metelos nas clases, así facédesvos unha idea de como Rodari contestaba ás preguntas que lle formulaban nenos e nenas coma vos.


Como vedes, tendes a versión en italiano e, ao par, a versión adaptada que fixemos na biblioteca. Por que a versión en italiano?... Pois .... para que vos confirmedes se a traducimos ben, ... porque vos ides facer a unha adaptación propia...
Só estas imaxes pois tendes as outras seis polo cole adiante. Se non as atopades é posible que "anden" por dentro dalgunha aula.

Así é como está quedando o oco onde colocamos esas tapas das caixas de folios forradas de cores. Agora vos tendes que pegar sobre elas as vosas respostas que, como vedes, xa empeza a encherse. Para axudarvos  cos por que, inventamos e procuramos da rede e tamén do alumnado, varios listados de posibes POR QUE... En total son 200 e desexariamos que contestarades os máis posibles.

Estes son os POR QUE do espazo para colocar as respostas.
Estes estaban na subida das escaleiras pero... desparareceron. Onde estarán?
 Tamén podedes traballar con eles desde a casa e mandarnos a contestación ao bogue.
Aquí están as preguntas das profes e as respostas dos nenos e nenas.
Máis respostas dos pequenos da escola
E tamén algunhas preguntas que  fixeron eles mesmos.


Aquí xa subimos a quinto, coa colaboración do profe Mon. 
Aquí dáse resposta a POR QUE AS BAILARINAS SEMPRE ANDAN DE PUNTIÑAS?

Varias propostas e respostas do equipo da biblioteca.
O por que desta tarxeta é POR QUE AS PLANTAS MEDRAN PARA ARRIBA E O PELO MEDRA PARA ABAIXO? Como vedes, ademáis de imaxinar unha resposta persoal, tratamos de escribila para vos dunha maneira estética, bonita, que chame a atención. O mesmo podedes facer coas vosas.
E... POR QUE CHORAN OS CROCODILOS?
Para rematar -agora tócavos a vos - acabamos coa tarxeta que responde a POR QUE OS RATOS TEÑEN O RABO TAN LONGO?. Esperamos que vos guste a proposta.

No hay comentarios: