jueves, 16 de febrero de 2012

BIBLIOGRAFÍA ILUSTRADA

Agora toca presentarvos a bibliografía. 
Esta está á porta da biblioteca, ó lado dos Contos escritos a Máquina. Aquí deixamos a obra de Rodari según os anos en que a foi publicando. 
Na rede atopamos as portadas da maioría das súas publicacións para nenos, nenas e mestres. Se vos entretén, intentade traducir os títulos. É moi posible que as profes de inglés traballen con vos na traducción a aquela lingua.
Nesta porta-panel, na zona do segundo ciclo, deixamos as portadas en castelán. Moitos dos libros xa os temos na biblioteca, outros están traducidos polo departamento de normalización lingüística ó galego -ou polo menos algún dos capítulos-. Debaixo de cada portada tendes o resumo do libro. Elexide o que máis vos chame a atención... e a ler.

Aquí podedes ver as ilustracións dos capítulos que compoñen o libro "Contos para Xogar". Está na subida ó piso de arriba. Polo menos seis destes capítulos están na biblioteca en libriños individuais. Ao final de cada libriño facémosvos propostas como Que final che gustou máis e por que? Escribe tí outro final, Adiviña o final de Rodari.... Alí tendes tamén uns sobres pegados na contraportada para que metades os vosos escritos. Xa hai algún.

E preguntarédesvos: onde está a bibliografía en galego? Sofreu un pequeno accidente (Aos rapaces pequenos, cando teñen o pincel na man, non hai quen lles poña límites nas súas creacións. Así que o papel branco non se acabou no mural da bibliografía e foi ilustrado dun xeito moi orixinal pero inoportuno). Pronto a renovaremos.

No hay comentarios: