Nas últimas semanas o alumnado de 6º está a traballar as biografías, un tipo de texto narrativo histórico onde relatan a vida de dous importantísimos autores teatrais -entre outros xéneros - do Século de Ouro español (S. XVI e XVII). A profesora Adela fíxonos chegar estes documentos elaborados polos seus nenos e nenas logo de pescudar e resumir o que para cada grupo resultou máis importante.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
jueves, 30 de abril de 2015
MELLOR QUE UNHA TABLETA DE CHOCOLATE
Ola, especialmente aos nenos e nenas de 1º B. Onte recibimos unha enorme sorpresa que nos enche de alegría. 23 cartas opinando sobre as experiencias na aula. Como dicimos no título da entrada, mellor que unha tableta de chocolate, un par de bombóns, unha mousse crocanti de cacao con noces. Non só disfrutamos nós facendo estes aparellos senón que vos o pasástedes ben, e ainda máis, escribíchedes!!! Según dí o profe Jose Ramón, non fixo falta animarvos, nin tivo que insistir para que o fixerades. É moi agradable traballar cos nenos e as nenas deste colexio.
Un bico de sabores para cada un e cada unha. Muás!
Un bico de sabores para cada un e cada unha. Muás!
domingo, 26 de abril de 2015
REMATAMOS
Bueno. todo ten o seu final. Coa celebración do Día do Libro rematamos o proxecto deste curso. Rematamos en canto a novas propostas se refire porque ainda queda moito que facer, tanto que pode ser que non demos feito no que queda de curso. Pero sabemos que despois de xuño volve setembro, falando de escola queremos dicir. Tamén rematamos mañá, agora sí que definitivamente, coas experiencias eléctricas pois quedábannos atrás o alumnado de 2º. Pobre de quen se o xefe de estudos non se decata! As profes Meli e Sonia farían unha reclamación contundente con toda a razón. E como xa recolleramos todo, pois tivemos que facer novos aparellos estes días. A eles tocaralles a lámpada de lava nova, un cochiño aeropropulsado e un carrusel un pouco especial (jeje). Pero FUNCIONA.
COMO ENGANAN AS VOCES
Para abordar este tema relacionado coa electricidade e o son tivemos a axuda do Sr. José María Alén que aceptou agradecido a nosa invitación. Estivo falando co alumnado de 4º sobre radiorecuencia, emisoras, tratamento dos tonos das voces... Aos nenos e nenas debeulles gustar porque, logo dunha primeira parte máis "teórica", riron a escachar gravando as súas voces e escoitando como o ponente xogaba con elas distorsionándoas, ampliándoas, convertindo os graves en agudos...
sábado, 25 de abril de 2015
INFANTIL DISFRUTANDO
Boas noites. Como as profes de infantil van subir as fotos aos seus blogs, deixamos aqui unha pequena mostra dos días que traballamos cos pequenos e disfrutamos tanto coma eles/as.
EXPERIMENTOS INFANTIL
EXPERIMENTOS INFANTIL
Actos do Día do Libro
O pasado xoves celebramos no cole un Día do Libro moi especial, xa que os protagonsitas foron os profes do cole Elena Silvoso e Manuel Felpeto. A continuación poñemos dous vídeos, un corresponde a unha pequena entevista e o outro á representación "sorpresa" coa que lles agasallaron os alumnos do terceiro ciclo.
jueves, 23 de abril de 2015
INTERPRETACIÓN CON DEBUXOS
Desta volta tocou debuxar e non escribir. O equipo da biblioteca colaborou coa profe Mónica na representación da nosa historia particular. Nuns días visitade o blog de música para velo todo xunto,
23 de ABRIL...
Hai días para esquecer. Hai días para lembrar. Hai días nos
que cabe todo. Este foi o día de hoxe. Levamos un ano cheo de traballos con
resultados case sempre marabillosos, espectaculares, provocadores, difíciles...
Tamén houbo fallos e decepcións... pero todos eles deron lugar a aprendizaxe, a
pensamentos, a crítica... Non imos dicir nada máis, a non ser as bágoas emocionadas de algunha maestra polo que mirou e sentiu.
PREPARANDO O DÍA DO LIBRO
Anque un pouco tarde, xa temos todo listo para mañá, 23 de abril. Rematamos o proxecto da Biblioteca que comezamos en outubro anque esto non significa que deixemos de traballar nos textos e con eles.
A organización dos actos é así:
Despois da hora de ler, os cursos de 3º a 6º baixaredes áo ximnasio. Alí escoitaremos unha entrevista que Marta lle vai facer a Elena e a Manu. Ao remate, neno/as de 5º e 6º daranlle unha sorpresa aos nosos protagonistas dirixidas pola profe de música Mónica. De seguido, todos e todas subiredes ás aulas e, según vos vaiamos avisando, baixaredes para que vos asinen o voso exemplar do Faro de Corazones.
Mentres esto pasa, o alumnado de Infantil, 1º e 2º entrarán no ximnasio para ver a representación "sorpresa" e recibirán un marcapáxinas do Faro de Corazones.
Tamén colocaremos polos patios, entre as árbores do xardín, nas cancelas, pequenos relatos sacados do texto orixinal para que vós e as vosas familias poidades ler anaquiños da historia de Lía e Martiño.
De seguido podedes ver -bueno, xa o víchedes- como ambientamos a entrada para mañá.




Suscribirse a:
Entradas (Atom)




