A biblioteca do noso centro converteuse nun pequeno escenario teatral grazas ao alumnado de sexto curso, que nos sorprendeu cunha iniciativa chea de imaxinación e tenebrosidade.
Os nenos e nenas de sexto prepararon e representaron diferentes pezas teatrais ambientadas co Samaín, ideadas e redactadas por eles mesmos, empregando a técnica do teatro de sombras. A través das siluetas, das luces e da súa propia interpretación, deron vida ás súas historias e conseguiron crear na biblioteca momentos de medo e inquietude, pero tamén de risas e sorpresas.
Unha experiencia moi especial na que a creatividade, a escritura e a dramatización se deron a man para demostrar que na biblioteca non só hai espazo para os libros.
Parabéns ao alumnado de sexto polo seu traballo e por regalarnos estas pequenas historias!

No hay comentarios:
Publicar un comentario