martes, 29 de abril de 2014

Ojo de Nube en pictogramas

Boas!!
Como ben sabedes levamos unha tempada traballando co libro de Ricardo Gómez "Ojo de Nube".
Por se estaba pouco traballado á profe Elvira non se lle ocorreu mellor idea que elaborar un resumo do libro con pictogramas para dar cumprida atención á diversidade. O resultado do mesmo é espectacular e queremos compartilo con todos os nosos lectores. Premendo na imaxe do libro pódese acceder a el.


lunes, 28 de abril de 2014

E os nenos len máis...

Claro, os nenos e a nenas len máis porque sodes 400. Puxemos repartidos polo cole as follas tituladas QUE LIBRO ESTÁS LENDO? Non é de extrañar a aparición repetidísima de Ojo de Nube, pero tamén hai títulos de moi diversa temática. Mirádeos.

Os profes tamén len

Hoooome, non! Todos os días aconsellándovos que leades, e leades e leades e nos non iamos ler? Pois claro. E moito. 
O alumnado de 6ºB fixonos unha pequena enquisa sobre os libros que máis nos gustaron dos que lemos últimante. Despois fixeron un reconto e armaron este mural que puxeron moi á vista de todos

TARXETAS DE AUTORES GALEGOS


Este ano, para o día do libro, entregámosvos unhas tarxetas de cores. En cada tarxeta ía escrito o nome dun autor (poeta, novelista, ilustrador...) distinto porque, en Galicia, temos máis de 1000 autores.


Como esperabamos o traballo non rematou aqui: nas aulas fixéchedes investigación sobre eses nomes que vos tocaron ao chou. Aquí deixamos a mostra dalgúns deses traballiños.
Eugenio Carré Aldao
Neira Vilas
 Bieito Iglesias

jueves, 24 de abril de 2014

Día do Libro

 Como ben saberedes todos e todas, hoxe celebramos o Día do Libro.
Nas imaxes pode apreciarse a exposición que se montou na entrada principal do cole. Nela estaban os novos libros que se mercaron para a Biblioteca neste curso, incluindo -por suposto-, Ojo de Nube.

Os alumnos de diferentes cursos visitaron ao longo do día a exposición para ollear as novidades e tomar boa conta delas de cara a realizar futuros empréstitos na Biblio.

jueves, 27 de marzo de 2014

Experiencias educativas no cole



Ao longo destas dúas últimas semanas tiveron lugar en algunhas aulas vairas experiencias educativas relacionadas coa elaboración de diferentes tipos de textos. Foron impartidas por Estela D`Angelo e Laura Benítez (nas imaxes), ambas profesoras da Universidade Complutense de Madrid.
Os nenos e nenas mostráronse participativos e deixaron moitos detalles da súa creatividade. Pola súa banda, Estela e Laura intentaron transmitir o seu saber con moita cercanía e amabilidade. Sen dúbida, foron xornadas que invitan á reflexión e que poden calar aportando novas alternativas aos traballos que se realizan nas aulas.

martes, 18 de marzo de 2014

Visítanos Estela D´Angelo

Mañá teremos unha interesantísima experiencia educativa no cole. Estela D´Angelo, profesora da Universidade Complutense de Madrid, estará no noso centro para compartir un ratiño cos alumnos dentro das aulas. Non queremos adiantar o contido da sesión; primeiro por manter un pouco a emoción, e segundo porque temos unha idea de como queremos comezar, pero é imposible saber cómo rematará. 
Mañá vos informaremos do devenir da xornada. Lémonos!!

domingo, 16 de marzo de 2014

Cursos de formación

Os profes de San Tomé tamén van a clase. O proxecto da Biblioteca esixe que dediquen algunha que outra tarde a asistir a cursos de formación. As imaxes corresponden a unha das sesións que se celebraron en Pontevedra e que tiveron como protagonista -como non- a "Ojo de Nube".

Nas próximas semanas levaranse a cabo no centro experiencias educativas moi interesantes que vos iremos contando.


domingo, 9 de marzo de 2014

Ricardo Gómez

En google podedes atopar unha morea de fotos e datos bibliográficos do autor de Ojo de Nube, por iso só imos deixar aquí un dos seus retratos para que o coñezades, pois un día do mes de maio virá visitarnos.
Premendo aquí accederás á súa páxina web, onde podedes atopar información sobre a súa vida e obra, premios, escolas que traballaron e traballan con Ojo de Nube..., pero esto xa é labor vosa.


OJO DE NUBE

Ola a todos/as. Como xa vos explicaron as profes, nos tamén temos que estudiar e ler moito. Estamos moi emocionados con este libro que xa case todos coñecedes, sobre todo a portada. Cantas cousas dixéchedes e cantas delas razoáchedes. Que ben! As porfes -e os profesores- xa o lemos e sabemos que moitos queredes avanzar polas follas do libro, pero tende paciencia. 
Queremos que todos saibades as explicacións dadas ás preguntas que vos fomos formulando:


  1. Cando preguntamos, QUE VEDES? as respostas foron:
        - Cabalos, unha nena, un mozo, unha luz, árbores, letras, nomes, un bosque, a portada dun libro, ...

     2. QUE PODE SER ESA LUZ DO FONDO?

     - Un faro, unha farola, unha fogueira, unha lanterna, un incendio, o sol, a lúa, unha estrela, un resplandor, o atardecer, o amencer, 

     3. QUE OU QUEN SERÁ OJO DE NUBE?

   - A protagonista, o protagonista, o cabalo, a manda de cabalos, o nome do bosque, o nome do pobo

   4. OJO DE NUBE SERÁ UN NENO OU UNHA NENA?

   Os que estabades a favor dun neno dixéchedes: non ten peitos, vai desnudo, vai solo polo monte, os nenos non teñen o pelo tan longo...
  Os que dixéchedes nena faláchedes do pelo longo, que ainda era pequena para ter peitos

  5. A QUE SE DEBERÁ ESE NOME?

Rapaces e rapazas: aquí os máis pequenos foron tamén os máis certeiros: notouse moito o traballo do curso pasado no que os de infantil visitaron aos indios de Norteamérica. É un neno indio e chámase Ojo de Nube porque os indios sempre usan nomes de 3 palabras relacionadas coa Natureza. Tamén, e en esto todos o víchedes bastante rápido, que era un neno cego, como si tivese unha nube nos ollos que se miran brancos. 

6. OJO DE NUBE, ESCAPA DE ALGO OU VAI CARA A ALGO?

Os que elexíchedes que ESCAPA: escapa do incendio, escapa dos vaqueiros, dos ladróns de cabalos, dos invasores, dun perigo, de Cristóbal Colón (jajajá), dun río envenenado, das serpes, ...
Os que elexíchedes que VAI CARA A.. : vai avisar ao poboado do lume, vai avisar que chegan os malos, busca a liberdade, leva os cabalos que atrapou ao poboado; vai ver á súa nai enferma, vai loitar contra os inimigos, leva aos cabalos a beber, volve á casa despois dun día de traballo...

 Ben. Isto só é o principio. Como comprobáchedes, as vosas titoras e titores non vos leron as pistas de corrido senón que foron abrindo o libro por disintas páxinas e cada unha delas foi despertándovos a curiosidade. Veremos que pasa esta semana.