domingo, 9 de marzo de 2014

OJO DE NUBE

Ola a todos/as. Como xa vos explicaron as profes, nos tamén temos que estudiar e ler moito. Estamos moi emocionados con este libro que xa case todos coñecedes, sobre todo a portada. Cantas cousas dixéchedes e cantas delas razoáchedes. Que ben! As porfes -e os profesores- xa o lemos e sabemos que moitos queredes avanzar polas follas do libro, pero tende paciencia. 
Queremos que todos saibades as explicacións dadas ás preguntas que vos fomos formulando:


  1. Cando preguntamos, QUE VEDES? as respostas foron:
        - Cabalos, unha nena, un mozo, unha luz, árbores, letras, nomes, un bosque, a portada dun libro, ...

     2. QUE PODE SER ESA LUZ DO FONDO?

     - Un faro, unha farola, unha fogueira, unha lanterna, un incendio, o sol, a lúa, unha estrela, un resplandor, o atardecer, o amencer, 

     3. QUE OU QUEN SERÁ OJO DE NUBE?

   - A protagonista, o protagonista, o cabalo, a manda de cabalos, o nome do bosque, o nome do pobo

   4. OJO DE NUBE SERÁ UN NENO OU UNHA NENA?

   Os que estabades a favor dun neno dixéchedes: non ten peitos, vai desnudo, vai solo polo monte, os nenos non teñen o pelo tan longo...
  Os que dixéchedes nena faláchedes do pelo longo, que ainda era pequena para ter peitos

  5. A QUE SE DEBERÁ ESE NOME?

Rapaces e rapazas: aquí os máis pequenos foron tamén os máis certeiros: notouse moito o traballo do curso pasado no que os de infantil visitaron aos indios de Norteamérica. É un neno indio e chámase Ojo de Nube porque os indios sempre usan nomes de 3 palabras relacionadas coa Natureza. Tamén, e en esto todos o víchedes bastante rápido, que era un neno cego, como si tivese unha nube nos ollos que se miran brancos. 

6. OJO DE NUBE, ESCAPA DE ALGO OU VAI CARA A ALGO?

Os que elexíchedes que ESCAPA: escapa do incendio, escapa dos vaqueiros, dos ladróns de cabalos, dos invasores, dun perigo, de Cristóbal Colón (jajajá), dun río envenenado, das serpes, ...
Os que elexíchedes que VAI CARA A.. : vai avisar ao poboado do lume, vai avisar que chegan os malos, busca a liberdade, leva os cabalos que atrapou ao poboado; vai ver á súa nai enferma, vai loitar contra os inimigos, leva aos cabalos a beber, volve á casa despois dun día de traballo...

 Ben. Isto só é o principio. Como comprobáchedes, as vosas titoras e titores non vos leron as pistas de corrido senón que foron abrindo o libro por disintas páxinas e cada unha delas foi despertándovos a curiosidade. Veremos que pasa esta semana. 

No hay comentarios: