jueves, 10 de marzo de 2022

8M: Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible










O Día Internacional da Muller 2022 reivindinca os dereitos das mulleres baixo  o lema: "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible", reclamando unha acción polo clima por e para as mulleres. 

A Axenda 2030 marca como obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xénero e ofrecer lugares, e actividades de encontro e empoderamento.

Na publicación elaborada polo Grupo de Traballo " Bibliotecas e Axenda 2030" do Consello de Cooperación Bibliotecaria: " A implicación das bibliotecas españolas na Axenda 2030" apúntase que é tamén destacable o papel das bibliotecas, como institucións de fonte de coñecemento, á hora de acabar coa brecha de xénero, atender á diversidade de xénero, lograr a igualdade e empoderar ás mulleres e as nenas.

As bibliotecas  escolares de Galicia traballan, todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica. Arredor desta data promoven actividades coa lectura, o cine, a radio, a publicidade, a creación, a busca e tratamento da información ... 


Para máis información Preme aquí


No noso centro festexamos este día tan significativo dialogando e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade, e ensalzando a figura da muller na nosa sociedade e en distintos ámbitos, familiar, artístico, científico... Tamén puidemos disfrutar da actuación do grupo Migallas co seu espectáculo " Elas pintan moito" onde reivindicaron o importante papel de catro pintoras no ámbito artístico a nivel internacional.



martes, 8 de marzo de 2022

RETO " A MULLER E A MÚSICA"

Preme na imaxe para iniciar a investigación
 Dende a aula de música  envíannos un reto enmarcado dentro do día internacional da muller. Atréveste a resolvelo?



lunes, 7 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA


Para a celebración do Día de Rosalía levaronse a cabo diversas actividades no centro: elaboración dun mural para a entrada;  o alumnado e 5 anos traballou a imaxe da autora;  e o luns 21, o martes 22 e o mércores 23 os nenos e nenas do terceiro ciclo de primaria e a aula de 2ºA recitaron diversos poemas na hora de lectura.

A maiores, o EDLG elaborou un genially  dirixido ao alumnado de infantil e outro genially dirixido ao alumnado de primaria co que os nenos e nenas, a través do xogo, puideron profundizar na vida e obra de Rosalía de Castro. 


Preme aquí para poder acceder ao blog do EDLG.

BLOG EDLG

lunes, 14 de febrero de 2022

RECOMENDACIÓN LECTORA PARA O ENTROIDO

 

O alumnado de cuarto de primaria quere compartir con todos vós unha recomendación lectora para o mes de febreiro en relación coa temática do Entroido. Esperamos que vos guste e vos animedes a descubrila.



viernes, 11 de febrero de 2022

11F: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía, a través da Resolución A/RES/70/212. A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
 
Lembremos que a ciencia e a igualdade de xénero son vitais para alcanzar os ODS,  incluidos na Axenda 2030, nos que moitas das nosas bibliotecas escolares están a traballar.
 
Esta é unha data que cada ano se traballa máis nas bibliotecas cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM, visibilizando o traballo das mulleres nestas áreas e coñecendo as dificultades que atopan. Visitas de científicas, seleccións de lecturas, traballos de investigación e experimentación... son algunhas das actividades que ocupan os espazos científicos, creativos, manipulativos e colaborativos das mesmas.
 
Máis información:





viernes, 28 de enero de 2022

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ


O alumnado e o profesorado do C.E.I.P San Tomé festexaron o día da Paz coa elaboración dun mural común baixo o lema " Pegadas pola Paz",  unha actuación na praza de Fefiñáns de Cambados  e a posterior 
liberación das pombas da Paz. 



martes, 25 de enero de 2022

Recomendación lectora para o Día da Paz

As nenas e os nenos de sexto aportan a súa experiencia e fan unha recomendación lectora para o Día da Paz. Nesta fotomontaxe podedes vela.

martes, 14 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Lectoriño quere compartir con todos vós unha serie de recomendacións lectoras coas que podedes gozar coa lectura este Nadal. 


miércoles, 8 de diciembre de 2021

O afiador no Camiño

Facendo o Camiño, Lectoriño atopouse cun afiador que estaba a facer o seu traballo. Chamoulle a atención porque non era un afiador convencional, este tiña unha característica especial: facía maxia. Seguiuno ata o albergue e alí puido comprobar máis de preto todas as marabillas que era capaz de facer. Gustoulle tanto que lle pediu, a través da ANPA do colexio, que visitase ás nenas e aos nenos de San Tomé e lles contase todas esas historias que leva ás súas costas acompañadas de espectaculares feitizos máxicos con outro ingrediente fundamental: o humor.

En definitiva, Teto, que así se chamaba, fíxonos pasar unha mañá estupenda.

jueves, 2 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O principal obxectivo é promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.

Dende o C.E.I.P San Tomé queremos aportar o noso gran de area cunhas recomendacións lectoras que nos permiten empatizar e abordar a diversidade a través da literatura. 

Por outra parte, fixemos unha xornada de sensibilización en EF. Consistiu en levar a cabo xogos nos que o alumnado tiña unha limitación.
O resultado, no seguinte vídeo: