jueves, 26 de marzo de 2015

VISITA DE JULIO SANTOS PENA


         Aquí temos a Julio Santos, o mestre Dº Xulián  do libro El faro de corazONeS que algúns xa estades lendo. Pois mañá vai estar con todos nós de 10 a 11:30 no ximnasio da escola. A razón da visita? Ben. É doble: por un lado queriamos que o coñecerades físicamente pois é o último mestre da Illa de Ons, escoitar da súa voz o traballo, as emocións, as relacións, dificultades, alegrías, aprendizaxes e tantas cousas que nos teña que contar e responder sobre aqueles anos entre 1970 e 1973. Seguro que vai ensinarnos e sorprendernos.
          Por outro lado, o profe Manu convidouno a estar mañá con el e con Elena na presentación do libro na Biblioteca do Concello. Temos que agradecerlle que aceptara, non sabemos se máis encantado pola presentación ou pola visita á escola. En calquera caso estámoslle moi agradecidos que deixe Marín por unhas horas e veña a Cambados a coñecernos e coñecelo. 
   

miércoles, 25 de marzo de 2015

SOLILOQUIO DE UN FARERO

Poema de Luís Cernuda, poeta sevillano

lunes, 23 de marzo de 2015

Cartas a Haití

A semana pasada os nenos de 4º de primaria recibiron a visita de Mariña, unha futura xornalista que pasou unha tempada traballando para unha ONG en Haití. O encontro serviu para que os nenos e nenas coñecesen a realidade dese país e a comparasen coa súa. Remataron a visita escribindo unha carta aos nenos haitianos que vos poñemos a continuación.

  



 


sábado, 21 de marzo de 2015

QUE PASARÍA SI...

Agora son os alumnos da profe Meli, de 2ºB os que pensaron sobre o que podería pasar en situacións ás veces moi reais. 



ALTOS OU BAIXOS?

Quen sabe se é mellor ser alto ou ser pequeniño. Os nenos e nenas de primeiro teñen razóns para as dúas tallas. Que non? Lede e veredes

domingo, 15 de marzo de 2015

PROPOSTAS PARA ARGUMENTAR

Deixamos aquí unha ducia de propostas sobre as que podedes argumentar. A condición é a seguinte: os máis pequenos só teñen que dar unha razón, os de 1º ciclo deben escribir 2, o 2º ciclo aportará 3 razóns e 5º e 6º terán que elaborar 4 argumentos , baseándose en feitos, exemplos, datos, citas...  Podedes argumentar a favor ou en contra. Alá cada un... Quen se atreve?

PROPOSTAS:

1. Regalar caramelos nos cumpleanos
2. Celebrar os cumpleanos nun parque de bólas
3. Ir a piscina ou ir á praia no verán?
4. Ir de vacacións á praia ou á montaña?
5. Durmir coa luz encendida ou con ela apagada?
6. Ter tele no cuarto ou non tela?
7. Meter un can nun piso ou non?
8. Coller libros na biblioteca ou mercalos?
9. Que chova ou que non chova
10. Usar gafas ou lentillas?
11.Ir ao cine ou ver películas en video
12. Libros en papel ou  dixitais

As respostas e tamén, si tendes outras ideas para argumentar, por favor entregádellas por escrito á vosa titora/titor. Gracias

TEXTO ARGUMENTATIVO

Esto de que os profes tamén vaiamos a clase!!! Pois sí, afortunadamente temos moooito que aprender. E aquí deixamos un pouquiño das ideas que nos deu hai uns días o profesor Victor Moreno que veu á escola falarnos desto e de outras cousas que pouco a pouco iremos traballando con vos.

miércoles, 11 de marzo de 2015

O FARO DE CORAZÓNS XA ALUMEA...

... máis alá de San Tomé. A asociación cultural Os PiñeirÓNS de Bueu tivo noticia do libro dos profes Manu e de Elena e non dubidou en poñerse en contacto co xornal  Faro de Vigo para falar del. Deseguido podedes ler a redacción da nova, pero a conclusión que sacamos dela é que a historia gustou a pesares de que se escribiu e ilustrou sen outro interese que a de ofrecer un relato sobre un faro, aquel que o autor mira todas as noites dende a ventá da súa casa en San Tomé.

ALTA TENSIÓN

Outro video que nos explica algo máis da electricidade e, sobre todo, os PERIGOS dela e os COIDADIÑOS do seu mal uso. Atendede ben.

PREPARANDO A SEMANA DA ELECTRICIDADE


Ola a todos e a todas. Córrenos a corriente dende a cabeza ata o dedo gordo do pé esquerdo. Andamos traballando na semana de experiencias sobre a electricidade e claro, vos tamén podedes empezar a informarvos sobre este tipo de enerxía. Para iso buscamos o seguinte video que fala dun xeito moi sinxelo da electricidade, como e onde se produce e o seu transporte.