miércoles, 11 de marzo de 2015

ALTA TENSIÓN

Outro video que nos explica algo máis da electricidade e, sobre todo, os PERIGOS dela e os COIDADIÑOS do seu mal uso. Atendede ben.

PREPARANDO A SEMANA DA ELECTRICIDADE


Ola a todos e a todas. Córrenos a corriente dende a cabeza ata o dedo gordo do pé esquerdo. Andamos traballando na semana de experiencias sobre a electricidade e claro, vos tamén podedes empezar a informarvos sobre este tipo de enerxía. Para iso buscamos o seguinte video que fala dun xeito moi sinxelo da electricidade, como e onde se produce e o seu transporte.

martes, 3 de marzo de 2015

ADICATORIAS

Os libros é o que teñen: todo é aproveitable, e as adicatorias forman parte de moitísimos deles. Aos pais, aos amigos, as mascotas, aos deuses, aos escritores, aos amores... Tamén no cole abordamos este apartado e os rapaces escribiron as súas. Hainas paveras, serias, malhumoradas, emocionantes, emotivas, sinceiras. Bueno, podedes lelas de seguido. Pero antes imos poñer tamén a adicatoria que escribiu o autor do Faro de CorazONeS:

“La vida en el faro siempre fue muy bonita, muy romántica”
Áurea Reiris
Viuda de Ramiro Otero, farero de Ons durante cuarenta años.



A mis padres, que me educaron para que pudiera pensar libremente.
A mis hermanos, que siempre estuvieron, están y estarán para un roto o un descosido.
A Tamara, por soportar mi necesidad de estar ocupado.
A mis hijas, por hacer que cada día sea más feliz que el anterior.
A todos los docentes que además de cumplir con su trabajo,” hacen cosas

POLBO ESTILO ONS

O venres pasado houbo seis polbos na escola e a pouco chegaron para os 140 nenos e nenas de infantil. Despois de estudar moitas receitas decidíronse pola do polbo estilo Ons, e claro, as receitas rematan cando se come o prato do que falan. Os pratos non os comeron pero sí que os lamberon...
Nós poñemos aquí a receita que escribiron. As imaxes e todo o proceso téndelas no blog de infantil. Que aproveite!

ACCIDENTES NO MAR


O alumnado de 5º rematou o seu traballo con textos expositivos sobre os accidentes de barcos de pasaxeiros e mercadorías, sobre todo petroleiros. A investigación e elaboración dos temas xurde a partires da lectura da obra "El naufragio del Sirio" de Antoni García LLorca. 
Como veredes, a redacción segue sendo en castelán pois, como ben sabedes, este curso non tendes libro de texto de castelán e traballamos con obras literarias.
   Para todos poñemos as imaxes dos seus textos.

  

viernes, 27 de febrero de 2015

O TEMPO PASA... PARA TODOS

A SONRISA DE MONA LISA

Cantos pintores e historiadores tentaron darlle unha explicación á enigmática sonrisa da Mona Lisa! Cantas páxinas se encheron de hipótesis sobre ese rasgo na boca da muller máis famosa de Leonardo da Vinci... E resulta que a explicación tiñámola na cabeza de tres alumn@s de 6º.

LIA e MARTIÑO

Xa a tendes nas vosas mans o libro prometido. Ben, téndelo os de 4º, 5º e 6º, por iso, para o resto do alumnado iremos poñendo aquí pequenos relatos máis proximos aos pequenos. Hoxe imos presentarvos aos protagonistas: Lía e Martiño. Lía, diminutivo de...?, empeza sendo unha alumna que estrena o colexio San Tomé, cando ainda se estudaba a EXB. Dende a ventá do seu cuarto mira todas as noites a luz do faro de Ons, onde vive Martiño, o fillo do fareiro da illa. Non se coñecen e cada un pensa que vive no mellor sitio do mndo.

 Esta é Lía, mellor dito, o cabelo de Lía, que nos pintou a profesora Elena.

E este é o dedo de Martiño preparado para encender a lámpada do faro de Ons.


A LOBIÑA CATALINA

Quen lle ten medo ao lobo? Os nenos e nenas de infantil de 3 anos desde logo que non!!! Téñeno de amigo e ata lle escribiron un conto coa axuda da profe Susana. Jajaja!!! E levárono a lúa ver, disque, un faro lunar... porque saben de sobra que alí hai mares, secos si, pero mares.

LA CAJA MISTERIOSA

Relato de Laura Lago, Laura Suárez e Aiton.