sábado, 15 de noviembre de 2014

A LUZ PARA 3º CICLO. Documento para o profesorado

NENOS e NENAS... Vos non o miredes ata o martes!!!! (jejejejé)

O LUNS 17 ... EMPEZAMOS

Xa vos dirían as profes que o luns empezamos cos experimentos da luz e óptica. Os primeiros seredes os de 5º, martes baixan os de 6º e así o resto da semana e da seguinte tamén. Esperamos contar co profesor Mon, que destas cousas sabe un montón e seguro que nos fai máis bonitos os días.
As sesións van ser así:
1. Baixades ata a entrada da escola, pois non hai outro sitio amplio onde traballar xuntos en varias mesas. Alí sentades nos banquiños e miramos unha montaxe que nos explicará cousiñas sobre a luz, de onde ven, as súas propiedades, como se move, que instrumentos axudan a ver...
2. Despois repartirémonos en dous grupos: uns iredes ao cuarto escuro (a aula de PT) onde miraredes como se descompón a luz a través de aparellos ópticos, e outros quedaremos na entrada para practicar aquilo que miramos na montaxe:a auga como lente, espellos planos e curvos, as lentes cóncavas e convexas, microscopios e lupas, debuxos en movemento,...
Pensamos que ides aprender e, por enriba, vai gustarvos.

Algo así vai pasar



lunes, 10 de noviembre de 2014

Semana dos experimentos

Despois de tantas semanas caladiños/as, xa case estamos a piques de sorprendervos cunha semana de experimentos sobre óptica, luz, visión... POR FIN!!! Experimentos!!!
Haberá un pouquiño de todo pero, anque vos pareza máxia non o é. Os ollos enganan, a luz xóganos malas pasadas -ou boas-. Xa veredes.
Adiantamos este:

O rato Francisco

Neste este tempo fresquiño, de castañas e matanzas, hai un ratiño lambón que,por circunstancias da vida e da boca, viuse en serios apuros. Podedes mirar o conto no seguinte video.

domingo, 12 de octubre de 2014

CONSTELACIÓNS LECTORAS SOBRE FAROS

Ola. Xa temos seleccionados os libros de lectura e consulta arredor dos faros e a luz. Ainda faltan!!!, pero co que conseguimos podemos empezar a traballar. Así que esta semana as profes irán ensinándovos e falándovos deles para poder decidir a cal ou cales lle ides "meter os ollos, as mans e o naris". Adiantámosvos que falta o máis importante, que ainda se está cocendo... Pero iso será unha gratísima sorpresa para o próximo mes. Iremos contándovos.


miércoles, 8 de octubre de 2014

Terceira entrega da rata Luisa

Luisa visitou os faros, e arredor dos faros había paisaxes marabillosas. Coa súa cámara, Mon a través dos ollos da familia de ratos, retratou estas escenas da nosa costa. 

miércoles, 1 de octubre de 2014

AQUÍ, ALÍ, ALÁ CON MANOLO PAZ

O 30 DE SETEMBRO, OS NENOS E NENAS DE 4º A E 4º B FORON VISITAR A FUNDACIÓN DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE MANOLO PAZ –O ESCULTOR CAMBADÉS- . É UN FERMOSO MUSEO AO AIRE LIBRE, ENTRE O MAR E O MONTE DE CASTRELO. ALÍ AS PEZAS ESCULTÓRICAS CONVIVEN ENTRE ÁRBORES E REGUEIROS, “PRATOS XAPONESES” QUE RECOLLEN AUGA NA QUE SE REFLEXAN AS COPAS DAS ÁRBORES COMA ESPELLOS. OS RAPACES E RAPAZAS BRINCARON ENTRE AS PEZAS, METÉRONSE NA CASA DE BAMBÚ E XOGARON CO CAN DO ARTISTA, ROCO. PERO TAMÉN LLE FIXERON UNHAS PREGUNTAS QUE O ESCULTOR RESPONDEU COAS PALABRAS XUSTAS, LACÓNICAS, SENTENCIOSAS… LEDE.

Alumno: Cal foi a primeira escultura que fixeches?
Manolo Paz: Pois non sei. Fun facendo oficio dende pequeno. 

A. Cal é a túa escultura favorita?
M.P.: Quérolle a todas por igual

A. Sabes o nome de todas estas esculturas?
M.P.: Nooon. Aquela de alí (di sinalando co dedo)  é "A Penúltima Cea", inspirada en patacas ensambladas. Fixen a maqueta en New York.

A. Ademáis da pedra e do ferro, con que outros materiais traballas?
M.P.: Si. Con zapatos e roupa vella.

A.:Arredor de que ano empezaches a traballar?
M.P.: Tarde. Eu nacín aquí (Castrelo) e no lugar non había xente que estivese ao tanto da escultura. Con todo, levo nesto dende neno.

A: Tes obras por outros países?
M.P.: En moitos. En Bélxica, Xapón, Holanda, España, California, Los Ángeles, Chicago...

A.: Que te levou a facer este museo?
M.P.: Cando volvín de New York empecei a mercar algunhas terras nas que poder colocar as miñas obras, e así, pouco a pouco, plantexeime facer desto un museo.

A: Traballas en colaboración con outros artistas?
M.P.: Bueno, cando fago obras moi grandes si que chamo a xente.

A: Esta arte, venche de familia?
M.P.: Non, non,

Ata aquí a conversa entre nenos, nenas e escultor. Para ver as fotos deste día picade no enlace.

Visita a Manolo Paz

martes, 30 de septiembre de 2014

De Illa Pancha a Cabo Silleiro


Bruummmm, brummmm! En coche vermello, dende Illa Pancha a Cabo Silleiro, percorre a costa Luisa co marido e os nenos.

lunes, 29 de septiembre de 2014

E... POR ONDE ANDA A RATA LUISA?

Á rata Luisa quedáballe por coñecer... as torres mariñas, faros, balizas e cantos sinais luminosos guían ós barcos polas costas galegas.  E sabedes? Son tantos que non lle chegou unha sola viaxe.
Nesta nova aventura, Luisa e a familia percorren no seu coche vermello unha morea de faros, falan cun fareiro para coñecer con fundamento, andan, retratan e alucinan! Que país temos!
Claro, esto debémosllo ao noso profesor "xubilado" Mon Daporta, que pasou hai uns días polo cole para saber en que andabamos metidos. Desa información saíron tres historias para ler e consultar. Imos poñelas pouquiño a pouco. Aproveitádeas!!!!!


domingo, 14 de septiembre de 2014

XA EMPEZAMOS.....

Pouquiño a pouco, pero xa estamos listos para empezar. 
Estes días as profesoras -e tamén os dous profesores titores- iran amosando este video nas aulas. É sospeitoso pois teredes que descubrir que agochamos detrás do título MIRA CON OLLO EXPERTO. Algúns collerédelo rápido, outros tardaredes un pouquño máis... Pois mira que ben! Así a emoción rende máis.