miércoles, 1 de octubre de 2014

AQUÍ, ALÍ, ALÁ CON MANOLO PAZ

O 30 DE SETEMBRO, OS NENOS E NENAS DE 4º A E 4º B FORON VISITAR A FUNDACIÓN DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE MANOLO PAZ –O ESCULTOR CAMBADÉS- . É UN FERMOSO MUSEO AO AIRE LIBRE, ENTRE O MAR E O MONTE DE CASTRELO. ALÍ AS PEZAS ESCULTÓRICAS CONVIVEN ENTRE ÁRBORES E REGUEIROS, “PRATOS XAPONESES” QUE RECOLLEN AUGA NA QUE SE REFLEXAN AS COPAS DAS ÁRBORES COMA ESPELLOS. OS RAPACES E RAPAZAS BRINCARON ENTRE AS PEZAS, METÉRONSE NA CASA DE BAMBÚ E XOGARON CO CAN DO ARTISTA, ROCO. PERO TAMÉN LLE FIXERON UNHAS PREGUNTAS QUE O ESCULTOR RESPONDEU COAS PALABRAS XUSTAS, LACÓNICAS, SENTENCIOSAS… LEDE.

Alumno: Cal foi a primeira escultura que fixeches?
Manolo Paz: Pois non sei. Fun facendo oficio dende pequeno

A. Cal é a túa escultura favorita?
M.P.: Quérolle a todas por igual

A. Sabes o nome de todas estas esculturas?
M.P.: Nooon. Aquela de alí (di sinalando co dedo)  é "A Penúltima Cea", inspirada en patacas ensambladas. Fixen a maqueta en New York.

A. Ademáis da pedra e do ferro, con que outros materiais traballas?
M.P.: Si. Con zapatos e roupa vella.

A.:Arredor de que ano empezaches a traballar?
M.P.: Tarde. Eu nacín aquí (Castrelo) e no lugar non había xente que estivese ao tanto da escultura. Con todo, levo nesto dende neno.

A: Tes obras por outros países?
M.P.: En moitos. En Bélxica, Xapón, Holanda, España, California, Los Ángeles, Chicago...

A.: Que te levou a facer este museo?
M.P.: Cando volvín de New York empecei a mercar algunhas terras nas que poder colocar as miñas obras, e así, pouco a pouco, plantexeime facer desto un museo.

A: Traballas en colaboración con outros artistas?
M.P.: Bueno, cando fago obras moi grandes si que chamo a xente.

A: Esta arte, venche de familia?
M.P.: Non, non,

Ata aquí a conversa entre nenos, nenas e escultor. Para ver as fotos deste día picade no enlace.

Visita a Manolo Paz

No hay comentarios: