Ola. Xa temos seleccionados os libros de lectura e consulta arredor dos faros e a luz. Ainda faltan!!!, pero co que conseguimos podemos empezar a traballar. Así que esta semana as profes irán ensinándovos e falándovos deles para poder decidir a cal ou cales lle ides "meter os ollos, as mans e o naris". Adiantámosvos que falta o máis importante, que ainda se está cocendo... Pero iso será unha gratísima sorpresa para o próximo mes. Iremos contándovos.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
domingo, 12 de octubre de 2014
miércoles, 8 de octubre de 2014
Terceira entrega da rata Luisa
Luisa visitou os faros, e arredor dos faros había paisaxes marabillosas. Coa súa cámara, Mon a través dos ollos da familia de ratos, retratou estas escenas da nosa costa.
miércoles, 1 de octubre de 2014
AQUÍ, ALÍ, ALÁ CON MANOLO PAZ
O 30 DE SETEMBRO, OS NENOS E NENAS DE 4º A E 4º B FORON VISITAR A FUNDACIÓN DE ARTE CONTEMPORÁNEA DE MANOLO PAZ –O ESCULTOR CAMBADÉS- .
É UN FERMOSO MUSEO AO AIRE LIBRE, ENTRE O MAR E O MONTE DE CASTRELO. ALÍ AS PEZAS ESCULTÓRICAS CONVIVEN ENTRE ÁRBORES E REGUEIROS, “PRATOS XAPONESES” QUE RECOLLEN AUGA NA QUE SE REFLEXAN AS COPAS DAS ÁRBORES COMA ESPELLOS.
OS RAPACES E RAPAZAS BRINCARON ENTRE AS PEZAS, METÉRONSE NA CASA DE BAMBÚ E XOGARON CO CAN DO ARTISTA, ROCO. PERO TAMÉN LLE FIXERON UNHAS PREGUNTAS QUE O ESCULTOR RESPONDEU COAS PALABRAS XUSTAS, LACÓNICAS, SENTENCIOSAS… LEDE.
Alumno: Cal foi a primeira escultura que fixeches?
Manolo Paz: Pois non sei. Fun facendo oficio dende pequeno.
A. Cal é a túa escultura favorita?
M.P.: Quérolle a todas por igual
A. Sabes o nome de todas estas esculturas?
M.P.: Nooon. Aquela de alí (di sinalando co dedo) é "A Penúltima Cea", inspirada en patacas ensambladas. Fixen a maqueta en New York.
A. Ademáis da pedra e do ferro, con que outros materiais traballas?
M.P.: Si. Con zapatos e roupa vella.
A.:Arredor de que ano empezaches a traballar?
M.P.: Tarde. Eu nacín aquí (Castrelo) e no lugar non había xente que estivese ao tanto da escultura. Con todo, levo nesto dende neno.
A: Tes obras por outros países?
M.P.: En moitos. En Bélxica, Xapón, Holanda, España, California, Los Ángeles, Chicago...
A.: Que te levou a facer este museo?
M.P.: Cando volvín de New York empecei a mercar algunhas terras nas que poder colocar as miñas obras, e así, pouco a pouco, plantexeime facer desto un museo.
A: Traballas en colaboración con outros artistas?
M.P.: Bueno, cando fago obras moi grandes si que chamo a xente.
A: Esta arte, venche de familia?
M.P.: Non, non,
Ata aquí a conversa entre nenos, nenas e escultor. Para ver as fotos deste día picade no enlace.
Visita a Manolo Paz
Visita a Manolo Paz
martes, 30 de septiembre de 2014
De Illa Pancha a Cabo Silleiro
lunes, 29 de septiembre de 2014
E... POR ONDE ANDA A RATA LUISA?
Á rata Luisa quedáballe por coñecer... as torres mariñas, faros, balizas e cantos sinais luminosos guían ós barcos polas costas galegas. E sabedes? Son tantos que non lle chegou unha sola viaxe.
Nesta nova aventura, Luisa e a familia percorren no seu coche vermello unha morea de faros, falan cun fareiro para coñecer con fundamento, andan, retratan e alucinan! Que país temos!
Claro, esto debémosllo ao noso profesor "xubilado" Mon Daporta, que pasou hai uns días polo cole para saber en que andabamos metidos. Desa información saíron tres historias para ler e consultar. Imos poñelas pouquiño a pouco. Aproveitádeas!!!!!
Nesta nova aventura, Luisa e a familia percorren no seu coche vermello unha morea de faros, falan cun fareiro para coñecer con fundamento, andan, retratan e alucinan! Que país temos!
Claro, esto debémosllo ao noso profesor "xubilado" Mon Daporta, que pasou hai uns días polo cole para saber en que andabamos metidos. Desa información saíron tres historias para ler e consultar. Imos poñelas pouquiño a pouco. Aproveitádeas!!!!!
domingo, 14 de septiembre de 2014
XA EMPEZAMOS.....
Pouquiño a pouco, pero xa estamos listos para empezar.
Estes días as profesoras -e tamén os dous profesores titores- iran amosando este video nas aulas. É sospeitoso pois teredes que descubrir que agochamos detrás do título MIRA CON OLLO EXPERTO. Algúns collerédelo rápido, outros tardaredes un pouquño máis... Pois mira que ben! Así a emoción rende máis.
martes, 15 de julio de 2014
O SAPOCONCHO ANDRÉS
Ooooooola nenos e nenas. Como van esas vacacións? Vai caloriño eh!!!! Non sei si sabedes pero a algunhas de nós moléstanos o sol e agochámonos nas casas ata que chega o fresco da noite. Mentras tanto, lemos e inventamos para que leades... por se a alguén lle pasa o mesmo que a nós. Pois iso, hoxe deixamos aquí ao SAPOCONCHO ANDRÉS que nos conta, á súa maneira, outro contiño.
Ata calquera horiña.
jueves, 10 de julio de 2014
CARAPUCHIÑA
Outro conto desta semana, coñecidísimo e contadísimo. Debuxouno o profe Mon Daporta e os profes da biblioteca puxémolo así de bonito para vos. Esperamos que o disfrutedes.
miércoles, 9 de julio de 2014
UN CONTIÑO PARA OS MÁIS PEQUENIÑOS
Fácil de ler, coñecido e moi, moi resumidiño, aquí vos queda este contiño.
DESPEDIDA DO CURSO
Rematamos o curso 2013-2014 e desexámosvos unhas merecidas vacacións a todos e a todas. Repasar? Estudar? Traballar? Tampouco é cousa diso, non vos parece? Dous meses de relax, de praia e xogos, festas, visitas, amigos e parque. Tamén algunha viaxe para coñecer e descansar, comer... O que non cansa nunca é ler, así que nos esquezades meter un libro na maleta, debaixo da almofada ou dentro da bolsa da praia (creo que este verán vai ser fresquiño). En calquera caso, a divertirse e disfrutar.
Bicos ao alumnado, familias e... PROFES, que tamén os merecen a miles.
Bicos ao alumnado, familias e... PROFES, que tamén os merecen a miles.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)