lunes, 28 de abril de 2014

TARXETAS DE AUTORES GALEGOS


Este ano, para o día do libro, entregámosvos unhas tarxetas de cores. En cada tarxeta ía escrito o nome dun autor (poeta, novelista, ilustrador...) distinto porque, en Galicia, temos máis de 1000 autores.


Como esperabamos o traballo non rematou aqui: nas aulas fixéchedes investigación sobre eses nomes que vos tocaron ao chou. Aquí deixamos a mostra dalgúns deses traballiños.
Eugenio Carré Aldao
Neira Vilas
 Bieito Iglesias

jueves, 24 de abril de 2014

Día do Libro

 Como ben saberedes todos e todas, hoxe celebramos o Día do Libro.
Nas imaxes pode apreciarse a exposición que se montou na entrada principal do cole. Nela estaban os novos libros que se mercaron para a Biblioteca neste curso, incluindo -por suposto-, Ojo de Nube.

Os alumnos de diferentes cursos visitaron ao longo do día a exposición para ollear as novidades e tomar boa conta delas de cara a realizar futuros empréstitos na Biblio.

jueves, 27 de marzo de 2014

Experiencias educativas no cole



Ao longo destas dúas últimas semanas tiveron lugar en algunhas aulas vairas experiencias educativas relacionadas coa elaboración de diferentes tipos de textos. Foron impartidas por Estela D`Angelo e Laura Benítez (nas imaxes), ambas profesoras da Universidade Complutense de Madrid.
Os nenos e nenas mostráronse participativos e deixaron moitos detalles da súa creatividade. Pola súa banda, Estela e Laura intentaron transmitir o seu saber con moita cercanía e amabilidade. Sen dúbida, foron xornadas que invitan á reflexión e que poden calar aportando novas alternativas aos traballos que se realizan nas aulas.

martes, 18 de marzo de 2014

Visítanos Estela D´Angelo

Mañá teremos unha interesantísima experiencia educativa no cole. Estela D´Angelo, profesora da Universidade Complutense de Madrid, estará no noso centro para compartir un ratiño cos alumnos dentro das aulas. Non queremos adiantar o contido da sesión; primeiro por manter un pouco a emoción, e segundo porque temos unha idea de como queremos comezar, pero é imposible saber cómo rematará. 
Mañá vos informaremos do devenir da xornada. Lémonos!!

domingo, 16 de marzo de 2014

Cursos de formación

Os profes de San Tomé tamén van a clase. O proxecto da Biblioteca esixe que dediquen algunha que outra tarde a asistir a cursos de formación. As imaxes corresponden a unha das sesións que se celebraron en Pontevedra e que tiveron como protagonista -como non- a "Ojo de Nube".

Nas próximas semanas levaranse a cabo no centro experiencias educativas moi interesantes que vos iremos contando.


domingo, 9 de marzo de 2014

Ricardo Gómez

En google podedes atopar unha morea de fotos e datos bibliográficos do autor de Ojo de Nube, por iso só imos deixar aquí un dos seus retratos para que o coñezades, pois un día do mes de maio virá visitarnos.
Premendo aquí accederás á súa páxina web, onde podedes atopar información sobre a súa vida e obra, premios, escolas que traballaron e traballan con Ojo de Nube..., pero esto xa é labor vosa.


OJO DE NUBE

Ola a todos/as. Como xa vos explicaron as profes, nos tamén temos que estudiar e ler moito. Estamos moi emocionados con este libro que xa case todos coñecedes, sobre todo a portada. Cantas cousas dixéchedes e cantas delas razoáchedes. Que ben! As porfes -e os profesores- xa o lemos e sabemos que moitos queredes avanzar polas follas do libro, pero tende paciencia. 
Queremos que todos saibades as explicacións dadas ás preguntas que vos fomos formulando:


  1. Cando preguntamos, QUE VEDES? as respostas foron:
        - Cabalos, unha nena, un mozo, unha luz, árbores, letras, nomes, un bosque, a portada dun libro, ...

     2. QUE PODE SER ESA LUZ DO FONDO?

     - Un faro, unha farola, unha fogueira, unha lanterna, un incendio, o sol, a lúa, unha estrela, un resplandor, o atardecer, o amencer, 

     3. QUE OU QUEN SERÁ OJO DE NUBE?

   - A protagonista, o protagonista, o cabalo, a manda de cabalos, o nome do bosque, o nome do pobo

   4. OJO DE NUBE SERÁ UN NENO OU UNHA NENA?

   Os que estabades a favor dun neno dixéchedes: non ten peitos, vai desnudo, vai solo polo monte, os nenos non teñen o pelo tan longo...
  Os que dixéchedes nena faláchedes do pelo longo, que ainda era pequena para ter peitos

  5. A QUE SE DEBERÁ ESE NOME?

Rapaces e rapazas: aquí os máis pequenos foron tamén os máis certeiros: notouse moito o traballo do curso pasado no que os de infantil visitaron aos indios de Norteamérica. É un neno indio e chámase Ojo de Nube porque os indios sempre usan nomes de 3 palabras relacionadas coa Natureza. Tamén, e en esto todos o víchedes bastante rápido, que era un neno cego, como si tivese unha nube nos ollos que se miran brancos. 

6. OJO DE NUBE, ESCAPA DE ALGO OU VAI CARA A ALGO?

Os que elexíchedes que ESCAPA: escapa do incendio, escapa dos vaqueiros, dos ladróns de cabalos, dos invasores, dun perigo, de Cristóbal Colón (jajajá), dun río envenenado, das serpes, ...
Os que elexíchedes que VAI CARA A.. : vai avisar ao poboado do lume, vai avisar que chegan os malos, busca a liberdade, leva os cabalos que atrapou ao poboado; vai ver á súa nai enferma, vai loitar contra os inimigos, leva aos cabalos a beber, volve á casa despois dun día de traballo...

 Ben. Isto só é o principio. Como comprobáchedes, as vosas titoras e titores non vos leron as pistas de corrido senón que foron abrindo o libro por disintas páxinas e cada unha delas foi despertándovos a curiosidade. Veremos que pasa esta semana. 

martes, 25 de febrero de 2014

Choqueiros

Boas lectoriños!

Como xa saberedes, este ano decidimos que no Entroido o disfraz predominante sexa o de choqueiro.
É un deses términos que todo o mundo recoñece (máis ou menos sabe o que é) pero que non resulta fácil definir. Así que consultamos co dicionario da RAG e o que nos atopamos foi o seguinte:

substantivo2Persoa que vai disfrazada con chocasO martes de Entroido habémonos disfrazar de choqueiros3por extensiónPersoa disfrazada con calquera roupa e cunha máscaraEstaban as rúas cheas de choqueiros
Máis claro agora? Pois mans á obra, a rebuscar no fondo dos armarios, a facer mesturas "imposibles" e seguramente xa teñas o teu disfraz e choqueiro.


miércoles, 29 de enero de 2014

Textos expositivos no Día da Paz

No Día da Paz tiña que haber un cachiño do Proxecto de Biblioteca, así que puxemos aos nenos e nenas mans á obra e elaboraron coa axuda das súas mestras e mestres a portada do noso xornal escolar, "O Eco de San Tomé", dedicada á figura de Nelson Mandela.  Na portada recóllense diversas novas que resumen un pouco a vida dunha das figuras destacadas do século XX e principios do XXI. Permanecerá colocada na entrada principal do colexio onde se poderá ler dende lonxe esa fantástica frase "Tende a man ao teu adversario"  


jueves, 16 de enero de 2014

Divírtete lendo

Aquí vos poñemos un vídeo no que podedes ver como se anima a ler aos nenos e nenas doutros países