O Xarbarín Club foi unha auténtica revolución para o audiovisual galego. Neste proxecto infantil da TVG participaron míticos grupos musicais galegos coma Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Aerolíneas Federales, Os Diplomáticos de Monte Alto ou Nación Reixa. Tamén serán lembradas as galas conducidas por Manquiña ou series de debuxos coma "As bólas do Dragón".
Pois ben, o noso querido Xabarín non se conforma con ser o rei da pantalla galega e decidiu aventurarse no mundo da revista.
Será de publicación mensual e conta con atractivas ilustracións e diversos temas de interés: ciencia, arte ou historia adaptados aos nenos.
En fin, longa vida ao Xabarín e á súa revista: OINK!
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
martes, 17 de septiembre de 2013
Os xogadores do Barça animan a ler
Os xogadores do FC Barcelona dan exemplo e con este vídeo animan a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos ao día. A ver se outros equipos se suman a esta iniciativa
viernes, 13 de septiembre de 2013
Notas o cambio?
Boas!Este curso comezamos facendo algún pequeno cambio na biblio do cole; realmente o que fixemos foi mudar algunha que outra cousa de sitio para conseguir algo máis de espazo. Serías capaz de dicir cal?
Como podedes ver na imaxe, as cadeiras aínda están enriba das mesas esperando que alguén lles dea uso; así que os/as titores/as xa poden animarse a baixar cos alumnos.
Lembrade que no mes de outubro xa poderedes vir tamén todas as tardes de 16h a 18h.
Lémonos!
sábado, 7 de septiembre de 2013
VOLVEMOS
![]() |
| A máquina quenta motores |
Benvidos, benvidas ao blogue Lectoriño de San Tomé. Estamos esperándovos e polo que escoitamos vos tamén tendes ilusión por volver. Arrincamos co desexo dun próspero curso. Faremos todo o posible para que así sexa, dende os da xeneración do chupete ata os/as que estades a piques de dicir adeus. Vémonos o mércores.
miércoles, 26 de junio de 2013
O Eco de San Tomé
Aquí podedes ver a revista noutro formato; facendo un click enriba poderás ampliar a imaxe e navegar con comoidade pola revista
jueves, 20 de junio de 2013
O TEMPO HAI QUE DISFRUTALO
O alumnado de 6º A tamén escribiu un texto cheo de sentimentos e reflexións que lles van ser moi útiles para o futuro, porque aprenderon e concluiron entre todos/as que hai que darlle importancia ao que é importante. Lede o que nos dí Antía, una das rapazas deste curso:
Hola pequeños: os escribo esto para que sepais que sois los mejores compañeros del mundo, y los mejores profes del mundo y tú, Diana, la mejor tutora del mundo. Y ahora, la pregunta del millón: ¿Por qué tuvimos que desperdiciar todos estos años en pelearnos unos con otros hasta acabar haciéndonos daño? Pero... nos dimos cuenta ahora, ¿verdad?
Cuando nos vamos a separar lo que vamos a echar de menos no es el colegio, no, este seguirá aquí cuando lo necesitemos. Lo que vamos a echar de menos son todos los momentos vividos juntos, algunos buenos y otros no tanto. Pero esto tampoco es lo importante. Lo importante fueron las broncas, enfados, risas y abrazos en piña que nos dimos juntos, TODOS, y así, al final, las cosas acabaron bien, no mal.
¿Recordáis las navidades? ¿El Halloween? ¿Carnaval? Continuamente nos decíamos que eran los últimos momentos que íbamos a estar juntos... Y ese día llegó. Sólo nos queda hoy y mañana. Cuidaros, por favor, nunca nos olvidemos y aprovechemos todo lo que nos espera. Seguir siendo como sois y ... nunca olvidéis esas clases desde 1º a 6º.
¡Os quiero miles, pequeños!
ALGO FACEMOS BEN...
Estamos a piques de rematar o curso, pero o penúltimo día con vos resultou emocionante. Esta entrada no blog Lectoriño non a tiñamos pensada, nin se nos pasara polos miolos, pero queremos deixala aquí, esta e a seguinte.
Grazas a vos, pero reconforta, agradécese escoitar o que hoxe nos dixéchedes. Alguén nos dí que o facemos ben e como sempre, como non, sodes os nenos/as. Un abrazo e toda a sorte.
Chegou ao seu fin un curso máis, e esta vez tócanos a nós, os de 6º, despedirnos. Non con tristeza senón con alegría pois aquí comeza unha nova etapa das nosas vidas.
Deixamos atrás amigos cos que levamos moitos anos. Tócanos cambiar de colexio e non todos coincidiremos na clase, pero non perderemos a esperanza e, sobre todo, sabemos que para os verdadeiros amigos sempre quedará un rincón no noso corazón. Coñeceremos xente nova, pero a pegada dos nosos primeiros compañeiros ninguén nola quitará.
Deixamos atrás lembranzas marabillosas grazas a vos, os Mestres, do voso esforzo, ilusión, ganas de traballar e paciencia que é o que nos trasmitístedes nestes anos.
Lembrarémonos sempre do profesorado que nos deu clase dende infantil ata sexto: Emma, Camino, Pili, Lucía, Guadalupe, Carlos, Jaime, Mónica, Marisa, Esther e Adela. Eles preparáronnos para este paso e agora que marchamos levarémosvos sempre no corazón. Tampouco esquecemos aos mestres que nos apoiaron na clase e fóra dela: Elvira, Paz, Javier… Grazas a todos de corazón! Polo voso traballo e o que facedes a cotío para que isto funcione. Fixéstesnos sentir como se cada mañá seguiramos nas nosas casas. Xuntos fomos unha gran familia. Sempre facéndonos participar neses proxectos anuais dos que tanto aprendemos, como se fose un xogo. Seguro que todo o que nos ensináchedes seranos de proveito. E por suposto, isto non é un adeus porque nos nosos recordos sempre estaredes vos.
Sentídevos orgullosos do traballo realizado e de non facernos víctimas dos vosos problemas. A pesares dos recortes nunca nos faltou de nada: nin os nosos festivais de Nadal, Entroido, festas, excursións (sobre todo a deste fin de curso que será inesquecible). Nenos de infantil, primeiro, segundo, terceiro, cuarto e quinto: coidade deles porque estes mestres son tesouros valiosos.
Tantos anos aquí … e sempre vimos lonxe este momento, o momento de marchar. Hoxe, con un pouco de sorte, escoitaremos a canción de todos os anos, e como ben dí, aquí queda unha parte de nós, pero vos tamén quedaredes gravados nos nosos recordos para sempre.
Nunca esqueceremos o noso paso polo cole San Tomé!
Texto elaborado polos nenos e nenas de 6ºB. Leuno, para todos/as, Jimena.
miércoles, 12 de junio de 2013
ARTE DA CHINA
Outro libro dun grupo de 6ºB; a arte chinesa. Por fin saiu do forno.
Pedimoslles disculpas ás autoras por facelas esperar tanto.
lunes, 10 de junio de 2013
Memoria do Plambe 2012/2013
A continuación colgamos a memoria do que foi o proxecto do Plambe para este curso 2012/2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
