Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
martes, 13 de noviembre de 2012
Xogamos?
Por fin rematamos este pequeno xogo sobre o Perú. Podedes xogar por parellas ou en equipos máis grandes. Quen consiga chegar primeiro ao cume da montaña gañará a partida. Pero... hai revancha! 50 preguntas en total. Ánimo.
Nunca máis
Pasaron 10 anos da traxedia do Prestige, convén non esquecelo para que non se volva repetir. Esta canción do grupo "La Fuga" é un bo exemplo
Mulleres Rurais Africanas
Ola a todos os seguidores das nosas historias. Outro novo conto para ler, pensar e descubrir: está na entrada anterior. Para completar un pouco a traballo que podemos facer con el cacheamos na rede algunhas -moi pouquiñas para todo o que hai- imaxes da vida das mulleres africanas. Nós chegamos a conclusións moi importantes. África é o terceiro (ou o segundo, depende de onde se consulte) continente máis poboado do mundo, con 54 países e un montón de costumes semellantes no papel que desenvolven as mulleres. Pero queremos que sexades vos os que fagades as vosas propias ideas.
MULLERES AFRICANAS
jueves, 8 de noviembre de 2012
El nahuel y el hombre perdido (leyenda mapuche)
Como cada xoves, aquí tedes un conto do mundo, neste caso, unha lenda mapuche.
Máis contidos en "Interculturalidade"
Boas!
A páxina permanente de Interculturalidade ten máis contidos. Subimos as dúas Unidades Didácticas que vos presentamos nas últimas entradas. O apartado de UDs será ampliado nas próximas datas para mellorar o traballo que se pode facer nas aulas.
Lembrade que para acceder soamente hai que premer na pestaña "Interculturalidade" que está na parte superior dereita do Blogue.
A páxina permanente de Interculturalidade ten máis contidos. Subimos as dúas Unidades Didácticas que vos presentamos nas últimas entradas. O apartado de UDs será ampliado nas próximas datas para mellorar o traballo que se pode facer nas aulas.
Lembrade que para acceder soamente hai que premer na pestaña "Interculturalidade" que está na parte superior dereita do Blogue.
miércoles, 7 de noviembre de 2012
A filla do carboeiro. Un conto de Marrocos
A filla do carboeiro
Este é un conto moi bonito que ven dende Marrocos. Deixámolo con algunhas actividades datos de interese sobre ese país. Como temos nenas marroquís na escola seguro que nos poden contar máis cousas. Esperamos que vos guste.
A Filla do Carboeiro. Conto Marroquí
martes, 6 de noviembre de 2012
Nasreddin e o dereito a comer. Conto de Irán
Ola a todos e todas. Anque imos pouquiño a pouco, deixamos aquí un precioso contos de Irán chamado Nasreddin e o dereito a comer, xunto con algunhas actividades e unha pequena información sobre ese país. As profes xa vos contarán máis e vos mesmos iredes buscando máis datos sobre este país un pouco descoñecido para nós.
Nasreddin e o Dereito a Comer.
Nasreddin e o Dereito a Co
lunes, 5 de noviembre de 2012
Xubilouse o mestre Mon
Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas.
Tamén é destacable o seu labor como ilustrador e escritor de contos infantís, ademais das súas colaboracións noutras obras sobre natureza,
Aínda que a súa xubilación é máis que merecida e ten ganado o descanso, confiamos en que de cando en vez percorra a longa distancia existente entre a súa casa e o colexio para facernos algunha visita e obsequiarnos coa súa compañía e as súas impertinencias.
domingo, 4 de noviembre de 2012
Libro lim sobre Perú
Canto sabemos de Perú? No cole temos moitos nenos e nenas que viven en Cambados e estudan no noso cole. Xa son de aquí pero teñen que contarnos moitas cousas do pais onde naceron. Para ir adiantando e non quedar como "ignorantes" (é broma) diante deles, fixemos este libriño para ir practicando e aprendendo cousas sobre un dos seus paises. Veña!, cada vez aprenderemos máis.
viernes, 2 de noviembre de 2012
El zorro y el quirquincho (conto popular arxentino)
Nesta ocasión imos até a Arxentina para que nos conten esta sabia historia de astucia:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)