Hai persoas importantes e outras imprescindibles. Mon é das imprescindibles. O oco que deixa no colexio será imposible de encher e os seus alumnos e compañeiros teremos del un recordo inmellorable.
Mon pertence a esa xeración de mestres que tanto e tanto loitou por dignificar a nosa lingua e a educación pública, contribuíndo activamente a facer un ensino de verdadeira calidade, por riba de leis e reformas educativas.
Tamén é destacable o seu labor como ilustrador e escritor de contos infantís, ademais das súas colaboracións noutras obras sobre natureza,
Aínda que a súa xubilación é máis que merecida e ten ganado o descanso, confiamos en que de cando en vez percorra a longa distancia existente entre a súa casa e o colexio para facernos algunha visita e obsequiarnos coa súa compañía e as súas impertinencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario