martes, 2 de octubre de 2012

Novas da Biblioteca


Ola a todos e a todas. Xa temos un montón de libros de contos de todo o mundo. O equipo da biblioteca levamos case un mes buscando por canto sitio hai en internet e logramos xuntar arredor de 300 contos distintos: rusos, peruanos, indios e hindús; arxentinos, africanos, etíopes, xitanos , romaneses, chinos e xaponeses.  Démoslle moita importancia aos contos dos países de moitos dos nosos compañeiros e compañeiras. Dirémosvos que son marabillosos e esperamos que eles, xunto coas súas nais, país e avoas nos contes algúns máis.

A intención que temos é a seguinte: un día á semana, durante a hora de ler, propoñémoslle aos vosos/as titoras/es que suban una carpetiña cos contos por países. En cada carpeta imos meter non menos de 25 contos. Tamén estamos a compoñer carpetas con contos variados do mundo –é dicir, 25 contos de distintos países, que son diferentes aos dos libros- para que todos e todas poidades ler a carpeta completa. Hai contos de 2, 4, 6 e 8 páxinas como máximo.

Cada tomo leva una introdución na que se explica a temática dos contos e un índice paxinado para poder ir directos ao relato que queirades. Tamén incluiremos un rexistro para cada clase coa idea de que deixedes a vosa opinión das historias.

Por último –polo de agora- dirémosvos que estamos a mercar a bibliografía que hai sobre os contos do mundo, pero como en galego non hai nada, fixemos un esforzo grande para presentarvos todos os que nos arranxamos en galego. Esperamos que non haxa erros pero, si vedes algún, non dubidedes en avisarnos. Dentro dunha semana empezaremos a publicalos no blog. Intentaremos poñelos todos para que os aproveitedes vos e outros nenos e nenas das escolas galegas ás que lle poidan interesar.
Ata moi prontiño….

PD: se premedes no botón da parte de arriba que pon "interculturalidade" iredes a unha páxina onde estamos recompilando contos, vídeos, enlaces...

lunes, 24 de septiembre de 2012

Cartel do Día da Biblioteca

Boas! Aquí á esquerda tedes o cartel conmemorativo para este curso do Mes da Biblioteca Escolar (Outubro) e o Día da Biblioteca Escolar (24 de outubro). A ilustración e do galego Andrés Meixide e baixo o lema " Biblioteca escolar, acelerador de innovación" preténdese transmitir a idea dunha biblioteca activa e dinamizadora dos centros escolares.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Chegando ao mes da Biblioteca...

O mes de outubro é o mes da Biblioteca. Para que vaiades collendo conciencia da importancia das bibliotecas públicas colgámosvos este "spot" publicitario. Vale a pena.

lunes, 17 de septiembre de 2012

Proxecto da Biblioteca

Como ben anunciamos a semana pasada o Proxecto da Biblioteca para este curso será a Interculturalidade. Moitas serán as actividades e actuacións a realizar, sería moi difícil explicar todo aquí, así que é máis sinxelo subir o proxecto enteiro para que o poidas ler.
Preme aquí para descargalo.

viernes, 14 de septiembre de 2012

Adeus Rodari, benvida Interculturalidade

Sen dúbida Rodari fíxonos pasar moi bos ratos o curso pasado. A través das súas historias aprendimos unha chea de cousas, pero toca pasar páxina e comezar con novas aventuras.
Os máis observadores xa se decatarían da desaparición das imaxes de Rodari do blogue; no seu lugar aparece outra que ilustra o proxecto deste curso, A INTERCULTURALIDADE.


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Comezou o curso!!

Na mañá de hoxe o cole "recobrou a vida" coa chegada de todos os nenos e nenas.
Como anunciamos onte, os que visitan o blogue son os primeiros en enterarse de que este curso o Proxecto da Biblioteca tratará a "Interculturalidade". Desta forma os nenos e nenas do colexio saberán máis do que é vida noutras culturas.
Esperamos que vos guste e que resulte interesante para todos.

Aquí vos deixamos un vídeo de benvida!


martes, 11 de septiembre de 2012

Comeza un novo curso

Xa quedan moi pouquiñas horas para ver de novo os corredores cheos de nenos. Dende o equipo de Biblioteca queremos dar a benvida a todos os alumnos do Ceip San Tomé a este curso 2012-2013.
Os máis observadores xa apreciarían algún que outro cambio no blogue: novas cores, nova imaxe, novas funcións... Esperamos que vos guste!!

Durante estes días iremos publicando novas interesantes para todos vós; como o tema do Proxecto da Biblioteca deste curso e algunha das actividades que levaremos a cabo.

Se queredes ser os primeiros en enterarvos, entrade no blogue a diario.

sábado, 16 de junio de 2012

O ECO DE SAN TOMÉ - REVISTA ESCOLAR

Xa estamos a piques de rematar o curso e este ano a nosa revista témola que publicar a través dos blogs de biblioteca e de extraescolares, así que non vos despistedes. A razón? Non hai cartos para levala á imprenta, pero iso non vai impedirnos ter a revista como todos os anos. Podedes baixar todo o contido ao voso ordenador para logo imprimir o que queirades e se queredes claro. 
Téndela aí ó lado e arriba, na barra de navegación

domingo, 3 de junio de 2012

OS NEGOCIOS DO SEÑOR GATO

Os negocios do Señor Gato: a idea non era mala pero...

viernes, 1 de junio de 2012

CATRO CONTOS AO TELÉFONO

Érase unha vez, a muller que contaba esbirros, o cazador desventurado e inventando números son os contiños de Rodari que aparecen neste outro libriño. Para que os lembredes cando queirades ... e teñades conexión, claro. CONTOS Ó TELÉFONO