martes, 2 de octubre de 2012

Novas da Biblioteca


Ola a todos e a todas. Xa temos un montón de libros de contos de todo o mundo. O equipo da biblioteca levamos case un mes buscando por canto sitio hai en internet e logramos xuntar arredor de 300 contos distintos: rusos, peruanos, indios e hindús; arxentinos, africanos, etíopes, xitanos , romaneses, chinos e xaponeses.  Démoslle moita importancia aos contos dos países de moitos dos nosos compañeiros e compañeiras. Dirémosvos que son marabillosos e esperamos que eles, xunto coas súas nais, país e avoas nos contes algúns máis.

A intención que temos é a seguinte: un día á semana, durante a hora de ler, propoñémoslle aos vosos/as titoras/es que suban una carpetiña cos contos por países. En cada carpeta imos meter non menos de 25 contos. Tamén estamos a compoñer carpetas con contos variados do mundo –é dicir, 25 contos de distintos países, que son diferentes aos dos libros- para que todos e todas poidades ler a carpeta completa. Hai contos de 2, 4, 6 e 8 páxinas como máximo.

Cada tomo leva una introdución na que se explica a temática dos contos e un índice paxinado para poder ir directos ao relato que queirades. Tamén incluiremos un rexistro para cada clase coa idea de que deixedes a vosa opinión das historias.

Por último –polo de agora- dirémosvos que estamos a mercar a bibliografía que hai sobre os contos do mundo, pero como en galego non hai nada, fixemos un esforzo grande para presentarvos todos os que nos arranxamos en galego. Esperamos que non haxa erros pero, si vedes algún, non dubidedes en avisarnos. Dentro dunha semana empezaremos a publicalos no blog. Intentaremos poñelos todos para que os aproveitedes vos e outros nenos e nenas das escolas galegas ás que lle poidan interesar.
Ata moi prontiño….

PD: se premedes no botón da parte de arriba que pon "interculturalidade" iredes a unha páxina onde estamos recompilando contos, vídeos, enlaces...

No hay comentarios: