miércoles, 16 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS

Ola nenas e nenos de San Tomé. Mañá non temos clase porque.... Por que? Si, mañá é o día especial no que celebramos as Letras Galegas, ese día no que cada ano lembramos a un escritor ou escritora que adicou parte da súa vida a escribir poesía, xornais, ideas, contos, novelas, ensaios, .... no noso idioma. Queremos que teñades en conta o seguinte: mañá é ese día especial pero as Letras Galegas son toda a semana, todo o mes, todo o ano... TODOS OS DÍAS DE TODOS  OS ANOS da nosa vida. Xa dende hai algúns anos, tamén vós  vindes escribindo en Galego pequenas obriñas que temos na biblioteca e este curso aumentamos moito a producción de contos en galego dos nenos e nenas de San Tomé. Quen sabe? Non sería estrano que un día, visitando librerías, nos veña á mans algún título dun antigo alumno e alumna que pasou pola nosa escola, de feito xa os hai: o poeta Ramón Nogueira estudou na escola; a escritora Fuensanta tamén....  e, quen sabe? Igual hai un día das Letras Galegas adicado a alguén de vós. 
De seguido podedes ver a celebración que fixemos hoxe no cole: a profesora Mónica cos alumnos e alumnas de 5º e 6º percorreu os pasillos con pandereteiras, gaiteiro, tamborileiro, bombo, cunchas, voces... dándolle un carácter especial ó día de hoxe. 
Que disfrutedes e mañá animádevos a ler unha páxina en Galego. 



domingo, 13 de mayo de 2012

CÓMIC DE CARAPUCHIÑA

Ola a todos os nenos e nenas do cole, e tamén aos visitantes do blog. Hoxe a nova é, de novo, un regalazo do profe Mon. Como non hai palabras para agradecerlle o seu tempo, a súa amabilidade, e o que nos quere a todos os do cole, pois non nos queda outra que mandarlle desde aquí mil bicos, apertas, saúdos... que podedes ir dándolle persoalmente cando o vexades polo patio, polos corredores, ou por calquera currucho da escola por onde pode aparecer. Lédeo. CARAPUCHIÑA EN CÓMIC
Moi boas e chuviosa tarde. Aquí estamos de novo para cumplir os encargos que nos facedes a través do blog ou en persoa cando nos vedes pola escola. Sebas, Laura, Laura Lago, Carlos, Elia, Marta, Lidia,Luís, Alba e Aitor fixeron unhas rimas moi ben levadas cos Tres Porquiños, o Lobo, Pinocho, Carapuchiña,Cincenta, os Cabuxiños... e ademáis, ilustráronnas moi ben. Logo a profe Lula fíxolles un cartafol precioso para gardalas. Agora podedes ver o conxunto do que vos falamos. Felicidades a todos e todas elas polo traballo

jueves, 10 de mayo de 2012

UNHA MANCHEA DE ADIVIÑAS

Imos poñervos as adiviñas de 3º. Xa son coñecidas pero o esforzo dos nenos e nenas que as fixeron merece a pena ser visto. Ademáis, a presentación e o coidado posto é precioso. ADIVIÑAS DE TERCEIRO

POR QUE MAMÁ PINTA OS LABIOS?

Por que mamá pinta os labios? Por que papá ten que ir traballar? Por que temos ósos?, Por que as profes mandan tantos deberes? Por que as sevillanas levan vestidos de lunares?.... Por que? Por que....
Aquí tendes as respostas dos nenos e nenas de 1º.

ALBUM DE DEBUXOS

Neste album de debuxos recollemos aquelas ilustracións que fixéstedes tanto para o belén de conto como para a decoración dos libros e da escola. Aproveitando eses traballos montamos este álbum que aos máis pequenos lles encantou.

O MUNDO NAS NOSAS MANS

Lembrades o 30 de xaneiro? Aquel día celebramos de forma especial o día da Paz. Aproveitamos o conto de Rodari "O MUNDO NAS NOSAS MANS" para facer a proxección no ximnasio para todo o alumnado e profesorado do cole. Anque a profe Guada xa o puxera daquela no blog de extraescolares, agora que estamos repasando o traballo do curso tamén queremos poñelo nós aquí. Esperamos que o disfrutedes de novo por un lado ou polo outro.

AS PREGUNTAS DE INFANTIL

Últimos POR QUE de Infantil e algún que outro despistado que deixou as súas invencións en sitios distintos ó correcto. Poderedes ver tamén preguntas que se fan os nenos e. nenas máis pequenos

UN CHISTE?

Por decisión unánime dos nenos e nenas de 5º, incluimos aquí ó campeón Alberto contando un chiste. Medio inventado pero moi ben personalizado, Alberto plantouse diante da cámara con varios chistes e seleccionamos este. Mirade, escoitade e ride.
ALBERTO 5. CHISTE CURA por elvirasumay

PINOCHO, CARAPUCHIÑA E OS TRES PORQUIÑO

Un dos cursos que máis se ilusionou coas propostas da biblioteca foron os terceiros. Eles e elas seguen a argallar mesturas, adiviñas, rimas, e a profe Lula encantada, cousa que non é para menos. Agora outro libriño de contos armado para o día do libro e que tamén tendes na biblioteca. contos