miércoles, 16 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS

Ola nenas e nenos de San Tomé. Mañá non temos clase porque.... Por que? Si, mañá é o día especial no que celebramos as Letras Galegas, ese día no que cada ano lembramos a un escritor ou escritora que adicou parte da súa vida a escribir poesía, xornais, ideas, contos, novelas, ensaios, .... no noso idioma. Queremos que teñades en conta o seguinte: mañá é ese día especial pero as Letras Galegas son toda a semana, todo o mes, todo o ano... TODOS OS DÍAS DE TODOS  OS ANOS da nosa vida. Xa dende hai algúns anos, tamén vós  vindes escribindo en Galego pequenas obriñas que temos na biblioteca e este curso aumentamos moito a producción de contos en galego dos nenos e nenas de San Tomé. Quen sabe? Non sería estrano que un día, visitando librerías, nos veña á mans algún título dun antigo alumno e alumna que pasou pola nosa escola, de feito xa os hai: o poeta Ramón Nogueira estudou na escola; a escritora Fuensanta tamén....  e, quen sabe? Igual hai un día das Letras Galegas adicado a alguén de vós. 
De seguido podedes ver a celebración que fixemos hoxe no cole: a profesora Mónica cos alumnos e alumnas de 5º e 6º percorreu os pasillos con pandereteiras, gaiteiro, tamborileiro, bombo, cunchas, voces... dándolle un carácter especial ó día de hoxe. 
Que disfrutedes e mañá animádevos a ler unha páxina en Galego. 



2 comentarios:

Begoña dijo...

Gustoume moito esta entrada. A celebración parece que foi bonita, pero o equipo que escribeu o texto merece un aplauso. Seguide así.

Anónimo dijo...

Profe encantounos os videos que puxeches e tamén oque esta do reves.
Algúnhas nenas de 5º de Adela