Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
viernes, 2 de julio de 2010
O universo en cifras e letras
O 3º ciclo fixo un traballo contundente: O Universo en cifras e letras e un pequeno diccionario que fala de quásares, púlsares... Aquí vos queda.
As galaxias polos rapaces de 5º
Para saber o que son as galaxias, como se forman, os tipos, a distribución e a morte das mesmas -entre outras cousas- achégate ó libro dos de 5º. Se logo queres ampliar a información xa sabes, segue buscando nos múltiples libros que hai sobre o tema.
As mulleres no espacio
Esta señora chinesa-galega traballa no observatorio astronómico de Santigo e tivo a amabilidade de mandarnos unha carta logo de saber o traballo que estabamos a facer en San Tomé. Na carta, que a publicamos na revista deste ano, cóntanos o labor que fai e así soubemos que Josefina descobreu e púxolle o seu nome a unha estrela doble. Os nenos e nenas de 2º ciclo, e sobre todo os de 3º A da clase de Lula, investigaron e traballaron sobre as mulleres e o espacio, ademáis dos satélites...
Os contos do Ceo...
Os nenos e nenas de 2º, dirixidos polas profesoras Vanessa e Luz, botáronse ó Ceo e armaron contos sobre planetas, asteroides, satélites...ilustrados por deuses e deusas mitolóxicas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























































