Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos coa auga doce. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Experimentos coa auga doce. Mostrar todas las entradas

sábado, 24 de mayo de 2008

2ª semana de experimentos con auga

Esta foi a segunda semana que adicamos a experimentar coa auga no colexio . Todo o alumnado, desde infantil de 3 anos ata 6º de primaria, pasou polo laboratorio para descubrir o que é a densidade, o volume e a masa. Descubriron que a auga pode voar, pesa, ocupa un espacio, pode medirse, fai que flotemos, afundamos ou aboiemos. Como se poden modificar as súas propiedades , por enriba, pasárono fenomenal. Sentimos moito non poder poñervos todas as fotos. Polo de agora deixámosvos este video.