O 25 de novembro é unha data do calendario civil que as bibliotecas
escolares integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de
atencioón fronte a actitudes larvadas de violencia contra as nenas e as mulleres
(con presenza nas relacións sociais, na publicidade ou en moitos productos
audiovisuais), que fixan valores contrarios á igualdade.
Un curso máis, seguimosnecesitando accións para denunciar a violencia sistemática contra as mulleres e as violencias cotiás exercidas contra as nenas, mozas e muleres de toda idade e
condición en distintos espazos e ámbitos, tanto privados como públicos.
Dende a ONU alertan de que ademais do impacto COVI-19, hai un evidente aumento da
violencia contra as mulleres e as nenas en todo o mundo debido ás crises actuais
causadas por desastres naturais e desastres provocados polo home, como
conflictos e guerras.
O 25N non é unha celebración, é unha data a borrar do noso
calendario e maxinario, pero até entón queda moito por facer, moitos muros por
derrubar, non podemos, nin debemos permitir un paso atrás.
No noso cole tamén conmemoramos esta data tan importante e necesaria debatendo na aula sobre o tema, reflexionando sobre a realidade actual e realizando un mural onde queda reflectido o rechazo que sentimos cara calquera tipo de violencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario