A biblioteca do cole marcha de viaxe ás casas dos nenos e nenas de infantil...
...presentámosvos as MOCHILAS VIAXEIRAS!!!!
En cada nivel hai unha mochila diferente, personalizada atendendo á idade, intereses e gustos dos pequenos/as.
Cada martes levará a mochila viaxeira un neno/a de cada aula e regresará ao luns seguinte, deste xeito ten case unha semana para poder difrutar de momentos de lectura en familia cun conto en galego, outro en castelán e un en inglés, facer unha sesión de cine coa nosa peli e divertirse coas propostas lúdicas de actividades.
Pode haber mellor plan?
Aquí vos mostramos a mochila viaxeira de 3 e 4 anos!!!
Un saúdo a todos/as LECTORIÑ@S!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario