lunes, 19 de febrero de 2018

FORMANDO AOS NOSOS USUARIOS

A biblioteca do CEIP San Tomé está moi ben organizada!!

E, para logralo, os nenos e nenas máis maiores do cole explicáronnos as normas de uso da biblioteca:

  • Todos os libros que podemos levar emprestados, teñen un gomet e unhas letras. A cor do gomet establécese en función da idade recomendada: gomet vermello para os primeiros lectores (infantil, 1º e 2º de primaria); gomet verde para 3º e 4º de primaria; e gomet amarelo para 5º e 6º de primaria.

  • Ademais, están distribuídos en dúas zonas: GALEGO (os libros en galego teñen na súa etiqueta unha G) e CASTELÁN (estes libros teñen unha C na súa etiqueta).

  • Todos os libros teñen na etiqueta unhas letras, para saber en que lugar debemos ubicalo despois de lelo. Pero para que sexa moito máis doado, non debemos esquecer traer o noso MARCADOR para colocar no lugar onde está o libro que queremos ler, e logo retiralo unha vez colocamos o libro.

 Así, poderemos buscar os nosos libros favoritos con facilidade e sempre manteremos a biblioteca ben ordenada! Aquí vos deixamos unhas fotos da formación que nos deron os máis veteranos do cole...












No hay comentarios: