O noso lema deste ano foi "EN ABRIL LIBROS MIL", e para xuntar máis libros pedímoslle a todo o alumnado e profesorado que trouxera un libro da casa para poder prestarllo a quen o quixera.
Puxémolos todos moi ben colocadiños nun espazo fóra da biblioteca. Bueno, máis ben ampliamos a pequena biblioteca ata a entrada do cole.
Diciamos que colocamos os libros moi ben colocadiños pero, por fortuna, axiña se rompeu o orden e empezamos a coller, apuntar e levar. Tanto éxito tivo que ampliamos a experiencia unha semana máis: ata o vindeiro venres 29.
Estes son algúns dos moitos folios que empregamos para facer o rexistro de préstamo.
E aquí vemos aos maiores axudando a rexistrar o préstamo.
E tamén lendo no currucho especial.
Tamén acordamos ambientar un pouco os arredores e enchemos os teitos de paraugas coa axuda dos colaboradores da biblioteca e do profe Javi.
E dos paraugas colgaron pingas de todos e cada un dos nosos nenos e nenas
E todo rematou cunha visita á exposición de libros de medo que preparamos este día na biblioteca
Lembrade: hoxe, día 22, celebrámolo na escola pero mañá 23 DE ABRIL podedes celebralo nas vosas casas.
Noraboa a todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario