miércoles, 13 de mayo de 2015

UNHA IMPORTANTE PRECISIÓN

Ola a todos e todas. Visitounos Ángel, o arqueólogo do Concello de Cambados. Falaramos con el para que nos explicara a función da Torre de San Sadurniño, e menuda sorpresa!!! Díxonos que non, que non está documentado en ningún papel que a Torre de San Sadurniño fose nalgunha época pasada un facho. Vaia!!! Sí que se dí e alguén escribiu o labor de aviso que este monumento tivo alá polos XI e XII contra das invasións normandas cunha fogueira na súa cima, máis non se pode asegurar. Ángel confirmounos este suposto erróneo. Pero claro, non era cousa de desmontar a proposta que tiñamos: visitar a Illa de A Figueira onde está a Torre cun experto na historia antiga. Iso levounos a modificar a nosa idea orixinal... e non pasa nada!!! Armado co seu equipo profesional chegou á biblioteca para darnos unhas ideas xerais do seu traballo, ensinounos as ferramentas imprescindibles e falounos de todo o que estudou para entender o significado dunha tella, un óso, un anaco de metal que noutro tempo fora a punta dunha lanza dependendo da profundidade do terreo na que sexan atopados. É así foi como cambiamos un proxecto por outro para aproveitar todo canto sabe do barrio de San Tomé e da Illa de A Figueira. E hoxe foi o primeiro deses días de visita á Illa.

No hay comentarios: