viernes, 30 de enero de 2015

50 PALABRAS DE PAZ

Preparamos o día especial da Paz entre todos e todas, as titoras e titores, os equipos de Música, Inglés, Extraescolares, Tics e Biblioteca. A choiva estropeou parte da celebración mais non impediu emocionarnos. Pola contra, a Paz tamén supón facerlle fronte con ilusión aos contratempos. 
Ao equipo de Biblioteca tocounos deixar nesta entrada as proxeccións que elaboramos para Infantil e Primaria e poder así miralas de novo na intimidade das vosas aulas, 
Unha felicitación para todos e cada un-unha de vos por pintar miles de pedras para elaborar o Faro da Paz, da interpretación  da canción, sobre todo a versión muda da mesma. Nesta felicitación incluímos tamén as titoras e titores, especialistas, a Mercedes e incluso a Inés e Alicia que axudaron a colocar as palabras do faro.


No hay comentarios: