Ola de novo. Xa queda pouco para o 23 de abril, ese día especial para todos ós que nos gusta ler. Estamos organizándoo todo para, alomenos, igualar o do curso pasado, anque cremos que o imos superar. Por que? Moi doado: porque este ano, ademáis de adicarlle un tempiño especial a Rodari, temos que dicirvos que os protagonistas ides ser toooooodooooos e tooooodaaas vos. A partires de mañá e ao longo de toda a semana que ven, os vosos contos, adiviñas, por ques, xeroglíficos e poesías converteranse nuns libros marabillosos que xa estamos a rematar. Como sempre, ocuparán a entrada do cole. Tamén proxectaremos os videos nos que aparecedes moitos de vos lendo, recitando, preguntando, cantando... Iso será unha sorpresa especial para o luns, así como as encadernacións dos traballos. Por iso non imos deixar aquí fotos nin imaxe ningunha. Sentímoloooo!
Lembrade: se tendes algo máis agochado polas libretas, nas carpetas, no fondo da mochila... ainda estades a tempo de entregalo ao equipo da biblioteca para velo publicado, vale?
Ata logo.
4 comentarios:
Os da profe Teresa queremos os nosos xeroglificos dos nomes. Porfa, poñedeos pronto.
Elvira, cando podemos ber os nosos librosen internet. Somos os alumnos de Lula de terceiro B
Publicar un comentario