Ola a todos e a todas. Xa estamos aquí outra vez e queremos comezar así:
Escribir é un exercicio fermoso e talentoso.
Escribir é converter as túas ideas en palabras escritas, de xeito ordenado, respectando as regras da sintaxe e da ortografía, da puntuación e da prosodia, disto e daquilo.
O principal, o importante é que quen lea o que escribes, o lea con interese e ata con curiosidade e con gozo.
Escribir é un fermoso exercicio de pensamento e de expresión.
Escribir: traducir ideas, acomodalas, darlles a orde e a lóxica, salpicalas de pementa... nin moita nin pouca, poñerlle sazón; suficiente calor para que non se queimen e non saian cruas; coidalas, movelas atinadamente para que sexan apetitosas e rechamantes.. abrir o apetito de ler, de seguir lendo.. de facer que o lector se encariñe, namórese a tal grao que o que le non o poida deixar... atrapar ao lector, facelo teu... saber manexalo, manipulalo mesmo... espertar nel as paixóns, os sentimentos, os recordos, as nostalxias, as tristuras, as alegrías, os fracasos, os éxitos, as bágoas, o sorriso... saber chegarlle ao fondo do seu ser, do seu eu... facilitarlle o camiño para que se identifique con esa realidade que é súa pero que moitas veces ignora ou non ten lle coraxe de enfrontar... ou que simplemente nunca pensara nela ... ou que é incapaz de dicilo tal como o le... tal como o escribes.
Escribir para un, para os demais, para o outro, para a outra, quizais para ninguén... pero escribir.
(Facundo Cabral)
Este curso propoñémosvos unha tarefa preciosa: ESCRIBIR, pero tamén ler, ler e ler. Por iso eleximos a figura dun mestre e escritor italiano, Gianni Rodari, que nos vai ensinar outras maneiras de escribir, imaxinar e divertirnos.
Rodari cun grupo de alumnos de infantil |
Foto de Giannu Rodari |
No hay comentarios:
Publicar un comentario