miércoles, 24 de noviembre de 2010

VOLVEMOS!!!!!!!!

Xa era hora de volver abrir estas páxinas  para todos vós, o alumnado de San Tomé, nais, pais e demáis membros da nosa escola. E este curso, que? Pois coma sempre investigar, crear e aprender.
Como sabedes, adicarémoslle o curso enteiro a investigar o que nos é máis próximo: a localidade. O equipo de biblioteca, xunto con todo o profesorado, ten a ilusión de axudarvos a coñecer o máis posible de Cambados. Para iso, faremos un percorrido xeográfico polo Concello,  os servizos que nos ofrece, a arte e os artistas de sempre e os de hoxe; de que vive a xente da localidade. Ten historia Cambados? Xa veredes como sí, e moita! Xa sabemos un montón das festas e tradicións, roteiros naturais, fauna e flora...
Esperamos que as propostas vos gusten e sirvan para o que nos propoñemos. 

No hay comentarios: