Queremos deixarvos aquí, para axudar ó profesorado e ó alumnado, algúns enlaces que facilitarán moito algunha procura. Iremos pouco a pouco pero agora quedan estas:
a webb http://www.adelaleiro.com/
Aquí tendes un montón de información xa clasificada como rutas pola localidade ou do entorno próximo (Ruta polo Rego da Armenteira; Ruta da Auga: O Úmia...); presentacións: Cabanillas, a Natureza, as Telleiras do Salnés; espazos naturais., fotos...
http://es.wikipedia.org/wiki/Cambados_ é moi sinxela e xa veredes como ó final do noso estudo podemos ampliala.
http://www.cambados.es/ esta é a páxina do concello de Cambados.
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "VIAXANDO NO TEMPO"
miércoles, 24 de noviembre de 2010
Libros para os pequenos
Cantos de vós léchedes este libro?
É moi bonito, non si?
O caso é que agora xa temos este outro en exclusiva para nós....
Xa sabedes quen é o autor e moito/as xa o víchedes en power point. Foi un agasallo do profesor Mon Daporta, pero ainda hai máis: a Asociación de Ensinantes do Salnés CANDEA (son mestres e mestras de Cambados e arredores) decidiu poñelos en papel e dentro de pouco chegarán á nosa biblioteca un lote de 10 libros para o seu uso.
Se queredes volver a lelo antes da entrega de CANDEA, ide ó blogue de extraescolares. Alí tamén tendes algunhas actividades sobre o libro.

VOLVEMOS!!!!!!!!
Xa era hora de volver abrir estas páxinas para todos vós, o alumnado de San Tomé, nais, pais e demáis membros da nosa escola. E este curso, que? Pois coma sempre investigar, crear e aprender.
Como sabedes, adicarémoslle o curso enteiro a investigar o que nos é máis próximo: a localidade. O equipo de biblioteca, xunto con todo o profesorado, ten a ilusión de axudarvos a coñecer o máis posible de Cambados. Para iso, faremos un percorrido xeográfico polo Concello, os servizos que nos ofrece, a arte e os artistas de sempre e os de hoxe; de que vive a xente da localidade. Ten historia Cambados? Xa veredes como sí, e moita! Xa sabemos un montón das festas e tradicións, roteiros naturais, fauna e flora...
Esperamos que as propostas vos gusten e sirvan para o que nos propoñemos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)