martes, 17 de junio de 2014

O Eco de San Tomé 2014

Xa temos o derradeiro número do Eco de San Tomé  no que podedes ver gran cantidade de traballos feitos polos alumnos do cole.

A edición deste ano ten unha protagonista especial, a mestra Teresa, que despois de moitos anos se xubila. Así que sirva esta entrada como dedicatoria e homenaxe á nosa querida compañeira.

Preme aquí para ver unha versión descargable

miércoles, 11 de junio de 2014

Visita de Ricardo Gómez ao Ceip San Tomé

Onte foi un deses días que dificilmente poderemos esquecer. Como xa estaba anunciado, o escritor de Ojo de Nube, Ricardo Gómez, visitou o noso cole.

Eran as 9:15h cando ao entrar pola porta recibiu a primeira sorpresa; os alumnos de Infantil caracterizados como indios crow estaban a esperalo para cambiarlle o seu nome e rebautizalo como "Anteojo de Nube". Acompañounos ata as súas aulas, onde lle ensinaron os debuxos e demais traballos que realizaron a raíz do seu libro.

Posteriormente dirixiuse ao ximnasio do cole, onde todos os nenos de Primaria agardaban para charlar un rato con el e darlle algunha que outra sorpresa que fixeron que o día fora moi emocionante. Podedes velo neste vídeo:



domingo, 8 de junio de 2014

Entrevista a Marta Leiro

A alumna de 4º A, Marta Leiro, ven de quedar finalista no II Certame de Relato Curto convocado pola Federación Provincial de ANPAs. Como premio, verá o seu relato publicado pola editorial Kalandraka baixo o título "Lucas e os tres Reis Magos".



Para saber máis sobre esta obra e outros asuntos máis persoais de Marta os seus compañeiros realizáronlle esta entrevista.






miércoles, 14 de mayo de 2014

Comunicación co Concello en 4ºB


Os nenos e nenas de 4ºB de Primaria apreciaron problemas de seguridade vial nas inmediacións do colexio. Lonxe de quedarse nunha queixa puntual decidiron dar un paso máis e puxéronse en contacto co Sr. Alcalde mediante un escrito formal solicitando melloras neste aspecto.

Unhas semanas despois recibiron unha carta coa contestación  á súa solicitude, co que o seu exercicio de cidadanía non caeu en saco roto e puideron ler as explicacións do Alcalde.

Na parte esquerda podedes ver ambos escritos.

martes, 29 de abril de 2014

Ojo de Nube en pictogramas

Boas!!
Como ben sabedes levamos unha tempada traballando co libro de Ricardo Gómez "Ojo de Nube".
Por se estaba pouco traballado á profe Elvira non se lle ocorreu mellor idea que elaborar un resumo do libro con pictogramas para dar cumprida atención á diversidade. O resultado do mesmo é espectacular e queremos compartilo con todos os nosos lectores. Premendo na imaxe do libro pódese acceder a el.


lunes, 28 de abril de 2014

E os nenos len máis...

Claro, os nenos e a nenas len máis porque sodes 400. Puxemos repartidos polo cole as follas tituladas QUE LIBRO ESTÁS LENDO? Non é de extrañar a aparición repetidísima de Ojo de Nube, pero tamén hai títulos de moi diversa temática. Mirádeos.

Os profes tamén len

Hoooome, non! Todos os días aconsellándovos que leades, e leades e leades e nos non iamos ler? Pois claro. E moito. 
O alumnado de 6ºB fixonos unha pequena enquisa sobre os libros que máis nos gustaron dos que lemos últimante. Despois fixeron un reconto e armaron este mural que puxeron moi á vista de todos

TARXETAS DE AUTORES GALEGOS


Este ano, para o día do libro, entregámosvos unhas tarxetas de cores. En cada tarxeta ía escrito o nome dun autor (poeta, novelista, ilustrador...) distinto porque, en Galicia, temos máis de 1000 autores.


Como esperabamos o traballo non rematou aqui: nas aulas fixéchedes investigación sobre eses nomes que vos tocaron ao chou. Aquí deixamos a mostra dalgúns deses traballiños.
Eugenio Carré Aldao
Neira Vilas
 Bieito Iglesias

jueves, 24 de abril de 2014

Día do Libro

 Como ben saberedes todos e todas, hoxe celebramos o Día do Libro.
Nas imaxes pode apreciarse a exposición que se montou na entrada principal do cole. Nela estaban os novos libros que se mercaron para a Biblioteca neste curso, incluindo -por suposto-, Ojo de Nube.

Os alumnos de diferentes cursos visitaron ao longo do día a exposición para ollear as novidades e tomar boa conta delas de cara a realizar futuros empréstitos na Biblio.

jueves, 27 de marzo de 2014

Experiencias educativas no cole



Ao longo destas dúas últimas semanas tiveron lugar en algunhas aulas vairas experiencias educativas relacionadas coa elaboración de diferentes tipos de textos. Foron impartidas por Estela D`Angelo e Laura Benítez (nas imaxes), ambas profesoras da Universidade Complutense de Madrid.
Os nenos e nenas mostráronse participativos e deixaron moitos detalles da súa creatividade. Pola súa banda, Estela e Laura intentaron transmitir o seu saber con moita cercanía e amabilidade. Sen dúbida, foron xornadas que invitan á reflexión e que poden calar aportando novas alternativas aos traballos que se realizan nas aulas.