martes, 30 de abril de 2013

DE RESTAURANTE

Queredes probar menús do mundo? Pois visitade o restaurante "A Cocinita" da profe Elena. Alí afreceranvos esta carta na que elexir o menú. Iso si, cóbranvos! e non son baratos. Hai que botarlle imaxinación e ilusión. Con todo, a carta non ten chata algunha.

A CARTA
OS MENÚS
SOBREMESA E BEBIDAS
Todo clariño. Só unha pregunta: levará o IVE incluido?

ADEUS EXPOSICIÓNS... OLA LETRAS GALEGAS

Acabáronse as exposicións. Hai que deixar sitio para as Letras Galegas. Pero preparamos un pequeno trivial para que lembredes todo o que durante dous meses encheu os corredores da escola. Así que mañá, tal e como falamos, poderedes dar unha volta virtual polos pasillos. Que vos preste.

COMER. HUUUMMM!

Ola a todos/as e en especial aos cociñeiros/as de Infantil das profes Mar e Marité. Menudo libro de receitas que nos preparástedes. Levades varios meses cociñando e comendo na escola e xa estades preparados para presentarvos ao concurso de chefs. Para que vos e o resto do cole poidades repasalo cando queirades, quédavos aquí gardadiño. Parabéns polo traballo tan agradable que fixéstedes.

domingo, 28 de abril de 2013

UN CONTO MEXICANO

Outro libro precioso que nos ven dende infantil. Ainda que xa está na exposición poñémolo aquí para velo dende a casa ou nas aulas. Grazas aos pequenos.

EDUCACIÓN PARA TODOS E TODAS

O título non fai xustiza. Segundo os datos manexados polo alumnado de 5º A e o libro que presentaron, a educación non é igual para todos e todas e as oportunidades de ir á escola tampouco. Nin se cumplen os Dereitos Humanos nin tampouco os Dereitos de Nenos.

jueves, 25 de abril de 2013

XOGAMOS?

Aquí temos o traballo final dos nenos, nenas e profes Camino e Elena de Infantil. Unha parte dos froitos de todo un curso quedan reflexados neste exemplar que xa está na biblioteca. Como descubriredes, este curso fixeron os fondos do libro con anacos de papeis pintados para paredes. Calquera pode con elas!!!!

miércoles, 24 de abril de 2013

UN DÍA ESPECIAL: O DÍA DO LIBRO

Gustouvos o día de onte? Pensamos que si, tanto a vós como ás profes e ós pais. Senón ides ver. Para este día dende a Biblioteca organizamos os espazos nos que colocamos os libros nos que traballamos durante todo o curso. Este ano eleximos o corredor de 3º ciclo, porque era o que estaba "máis libre".
Démoslle ás profes unha tarxetiña para cada un/unha de vos cunha frase ou proverbio de escritores de todo o mundo nos que reflexaban o que para eles era a lectura : Cervantes, Shakespeare, Steinbeck, Tagore, Jordi Serra i Fabra, Sta. Teresa de Jesús... Hoxe contáronnos o proveito que sacástedes deses pensamentos.



Saíronnos 137 pensamentos distintos que repartimos segundo as vosas idades: MAMÁ, PAPÁ, A LECTURA CONTÁXIASE foi unha das preferidas por educación infantil.

Peronon quedou aquí: estamos moi satisfeitas/o de que os distintos niveis organizaran durante toda a xornada lectiva actividades de lectura, contacontos entre clases, cambio de tarxetas, e... 

Escritura dos vosos pensamentos sobre a lectura

Libros reciclados de xornais

Murais coas tarxetas que sobraron

Decoración das portas das aulas

Resume dos libros persoais que máis vos gustaron e que trouxéchedes á clase para contarllos aos compañeiros.
Máis murais coas palabras "Ola" e "Ler" en canto idioma hai.

E tamén houbo para as familias
Dous paneis colocados nos patios para que leran, mentres vos esperaban á saída, e levaran con eles o pensamento que máis lles gustase. Nos colocámolos así....








E as 14:10 deixáronnos así

Estabamos encantados de comprobar que aos vosos pais, nais e avós/as tamén lles gustou a idea e decidiron colaborar. 

Nos vindeiros días o profe Manu subirá o documento con todas as etiquetas para que as usedes. Non podemos estar todo o tempo imprimindo. Tendes que disculpar....

Roupa e Música de Infantil 4 anos

As dúas aulas de Infantil de 4 anos xa remataron coa elaboración do seu libro: A roupa e a música do mundo". Traballaron un montón dende outubro para concluir-polo de agora- cun traballo impreso. Máis, para chegar ata aquí, os cincuenta nenos e nenas viaxaron polo mundo con Raimundo, viron montaxes en power point, películas, libros, internet. Retratáronse, pintaron, memorizaron, bailaron, tocaron, .... Unha chea de cousas que é imposible deixar no seguinte video.

Xogos do mundo

Durante estas dous últimas semanas os alumnos/as do Ceip San Tomé veñen aprendendo nas clases de Educación Física algúns xogos que se practican noutras partes do mundo. Algúns deles os descubrimos grazas a Karem (nai de Tamara e Fran) e outros os recompilamos de "debaixo das pedras".
Agora vos mostramos unha fotomontaxe con imaxes destes días, premendo aquí accederedes ao álbum.


Máis abaixo mostrámosvos vídeos con algúns destes   xogos:

Kigüi (Perú)


Seba Tizra (Albania)


El Pez (Mozambique e Zimbawe)


Cheia (Mozambique)


miércoles, 17 de abril de 2013

UNHA CARTA POR E-MAIL

Sabedes? Paula Carballeira non se fixo de rogar e  contestouvos. Hoxe a profe Lula recibiu a carta no seu correo. Quedou escatalada cando tal veu. Xa sabedes que Lula é moi rebuldeira e apaixoada da lectura. Cantos VIVAS! e OLÉS! botou. Como un lostro fotocopiou a carta, decorouna e colgouna da porta da biblioteca con ese arte que ela ten. Pois agora tamén a poñemos aquí para todos e todas as persoas desta escola que non tiveron o gusto de escoitala hai unhas semanas. 

Se non logrades ler ben, picade sobre a foto para ampliala.