miércoles, 18 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

Ola de novo. Xa queda pouco para o 23 de abril, ese día especial para todos ós que nos gusta ler. Estamos organizándoo todo para, alomenos, igualar o do curso pasado, anque cremos que o imos superar. Por que? Moi doado: porque este ano, ademáis de adicarlle un tempiño especial a Rodari, temos que dicirvos que os protagonistas ides ser toooooodooooos e tooooodaaas vos. A partires de mañá e ao longo de toda a semana que ven, os vosos contos, adiviñas, por ques, xeroglíficos e poesías converteranse nuns libros marabillosos que xa estamos a rematar. Como sempre, ocuparán a entrada do cole. Tamén proxectaremos os videos nos que aparecedes moitos de vos lendo, recitando, preguntando, cantando... Iso será unha sorpresa especial para o luns, así como as encadernacións dos traballos. Por iso non imos deixar aquí fotos nin imaxe ningunha. Sentímoloooo!

Lembrade: se tendes algo máis agochado polas libretas, nas carpetas, no fondo da mochila... ainda estades a tempo de entregalo ao equipo da biblioteca para velo publicado, vale?
Ata logo.

miércoles, 11 de abril de 2012

OUTRO LIBRO DE CARAPUCHÑA

UN NOVO LIBRO PARA LEMBRAR, DIVERTIRSE E APRENDER. TODO VAI ARREDOR DA ESCOLA E DAS RIMAS DE RODARI .

domingo, 8 de abril de 2012

OS POR QUE DOS NENOS E NENAS

Ola a todos e todas. Xa rematan as vacacións de Semana Santa- Que pena?, POR QUE?
Porque hai que volver á escola, porque as profes van rompervos a cabeza, porque hai que madrugar, polos deberes, os exames, ... Ben, pero, é os recreos?, e o intercambio de cromos?, e as tarxetas de aniversario?, e os ensaios de música?, as competicións de educación física? a loita para dicir "rematou o recreo"?. Xa vedes que hai razóns e por ques para todo... Por iso, e porque non queremos que nos digades por que non puxéchedes no blog os por ques? -meu Deus, que follón- aquí os tendes. Non son todos os que están pero están todos os que son. Os que faltan poderedes velos no sitio reservado para eles no cole.
Por que.....

View more presentations from egsumay.

UNHA ESCOLA DE CONTO

jueves, 29 de marzo de 2012

OUTRA HISTORIA DE PINOCHO

Seguindo coas MESTURAS DE CONTOS que nos propón Rodari, Victor fíxonos esta historia de Pinocho con... Para sabelo tendes que lelo. A montaxe é cousa do equipo da biblioteca, mais o texto, en verso, retomando o estilo das Carapuchiñas, é de Victor Pache. Desexamos que vos guste e o digades.

martes, 27 de marzo de 2012

POR QUES DOS NENOS E NENAS

Xa sabemos que tendes presa por ver os POR QUE que estades elaborando, pero esperade uns días máis. Queremos recollelos todos e facer unha sola publicación para que sexa máis divertida. Adiantámosvos que hai respostas moi orixinais, outras moi paveras, algunhas un  pouco serias. Tamén hai  "verdades coma puños", preguntas que non se nos ocurriran, unhas poucas "incorrectas" pois, anque Rodari dí que todo é aproveitable e as "palabriñas" non se poden eliminar, pensamos que algúns por ques que temos lido non os imos a publicar. Lembrade sempre que non hai que faltarlle a ninguén e podemos ser igual de graciosos e/ou creativos sen humillar. Vale?. Pois ata prontiño.

FALSAS ADIVIÑAS

Recollemos dos paneis dos corredores algunhas FALSAS ADIVIÑAS ás que lles demos un pouco de xeito dende a biblioteca. Están moi ben, pero si o pensades, hai moitas máis e moi coñecidas como...
                                                   Ouro parece,
                                                    plata non é, ......
Animádevos a buscalas e, por suposto, a inventar máis. Bicos.
FALSAS ADIVIÑAS

viernes, 23 de marzo de 2012

CORRECCIÓN DE XEROGLÍFICOS

Moitísimas grazas a Pablo Serantes porque atopou un xeroglífico cun erro e avisounos. Como non temos moito tempo agora para modificar todo o libro de actividades, correximos o xeroglífico incorrecto e poñémolo agora aquí. Eso sí, a profe Mónica ensina que dá gusto pois o erro estaba xusto na nota do pentagrama: puxeramos SOL cando deberiamos poñer MI. Noraboa Pablo

XEROGLÍFICOS DE TODO PARA TODOS E TODAS

Non foi doado pero aquí están: 34 xeroglíficos para dárlle voltas a cabeza. Outra forma de ler, outra maneira de buscar significados. Ide practicando. Dentro duns días terédelos, en formato de libro, no andel de Rodari na biblioteca. Chao.

CONTO ADAPTADO

Nalgunhas aulas están a traballar os oficios relacionados cos contos. Nunha das aulas xa sabedes que temos unha nena moi especial, e como non é capaz de ler os contos tal como os lemos nós, fixémoslle unha adaptación. Para que o aproveitedes todos e todas os de Infantil -e tamén algúns de 1º- aquí o tendes.
Trátase do conto "El zapatero y los duendes" da editorial Combel. Aproveitamos as ilustracións de Sebastián Serra e adaptamos o texto o mellor que pudemos. Esperamos que vos guste.
o Zapateiro e Os Duendes