viernes, 3 de junio de 2011

ALGÚNS TRABALLOS DOS NEN@S DE 4º SOBRE CAMBADOS

OS NENOS E NENAS DO COLE ESTAMOS A COÑECER MÁIS PROFUNDAMENTE O NOSO POBO. AO LONGO DESTE CURSO APRENDIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE A NOSA PAISAXE, AS NOSAS RÚAS E A NOSA XENTE. SE TE FIXAS BEN POLOS CORREDORES DO CENTRO PODES VER COMO DECORAMOS CON GRANDES MURAIS.

Tivemos sesións de contacontos

Coma todos os anos, desde o Equipo de Normalización lingüística fanse intercambios de contacontos entre os coles da zona. Este ano, achegouse ao noso a mestra Verónica para contarlle aos nenos e nenas de tres e catro anos o conto de "Dona Carme". graciñas Verónica

non deixes que escapen

jueves, 2 de junio de 2011

na nosa biblioteca

voan as preguntas
se te fixas ben na nosa biblioteca hai cuestións que están polo aire, buscaas e a ver se sabes a resposta,!anímate!

sábado, 26 de marzo de 2011

de visita no concello

Como o noso obxetivo nesta andaina é coñecer o lugar onde vivimos, unha visita obrigada, como non era a casa do concello. Así que alí fomos, paseando e disfrutando das nosas rúas no camiño.

pintando un gran mural

Estamos xa metidos de cheo no noso proxecto e ademais dos traballos que facemos nas aulas, entre todos ambientamos o corredor e outros recunchos do cole.Nesta foto podedes ver como os nenos e nenas máis pequenos colaboran pintando un gran mural dunha zona emblemática do noso pobo, As ruínas de Santa Mariña Dozo, restos dunha igrexa medieval na que se ubica actualmente o ceminterio.

miércoles, 16 de marzo de 2011

EXCURSIÓN POR CAMBADOS

O venres 11 fomos por Cambados para aprender un pouco sobre as esculturas. Fomos ao museo do viño e vimos: a escultura de Manolo Paz "Laureiro"; alí nos explicaron un pouco sobre ela. Despois,fomos á praza de Ramón Cabanillas para ver a famosa escultura de Paco Leiro "Baco". E por último visitamos a reprodución da "Maiciña" feita por Francisco Asorey. E así rematou a nosa pequena pero divertida excursión por Cambados.




martes, 15 de marzo de 2011

os mestres do cole en busca de información


Antes de dar comezo o noso proxecto sobre Cambados os mestres puxéronse a recopilar información para levala ás aulas.



analizando as cortizas das árbores



un pequeniño descanso




no mirador da Pastora



lunes, 14 de marzo de 2011

un novo proxecto, unha nova andaina

Neste curso 2010-2011 todos, desde os máis pequenos de tres anos recén chegados ao cole ata os maiores, comezamos unha nova andaina conxunta, coñecer a fondo o noso pobo, Cambados.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Estudo da Localidade

Queremos deixarvos aquí, para axudar ó profesorado e ó alumnado, algúns enlaces que facilitarán moito algunha procura. Iremos pouco a pouco pero agora quedan estas:
a webb http://www.adelaleiro.com/
Aquí tendes un montón de información xa clasificada como rutas pola localidade ou do entorno próximo (Ruta polo Rego da Armenteira; Ruta da Auga: O Úmia...); presentacións: Cabanillas, a Natureza, as Telleiras do Salnés; espazos naturais., fotos...
http://es.wikipedia.org/wiki/Cambados_ é moi sinxela e xa veredes como ó final do noso estudo podemos ampliala.
http://www.cambados.es/   esta é a páxina do concello de Cambados.