Queremos deixar este curto que nos pedides dende distintos colexios porque non podedes chegar ata aquí. É unha pequeniña mostra do que se leva facendo dende o mes de xaneiro por parte de profesores/as, nais e pais dos nosos alumnos, familiares, voluntarios, etc. No seu momento falaremos de todos eles. Moitas grazas polos ánimos
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
viernes, 29 de mayo de 2009
Mostra de CETRERÏA
Queridos lectores: resulta que entre as variadas aficións que temos, a familia de Vani de 4ºA ten como entretemento e pasión o da cetrería. Non fixo falta nada para que viñera invitada ó cole para ensinarnos as súas pezas: un falcón, un cernícalo e unha águia. Deixaron que os nenos case tocaran as aves, fixeron unha demostración de voo no pavillón, apareceron caracterizados como os falconeiros da dade media. Foi todo un espectáculo inesquecible. Agradecémoslles a súa amabilidade e colaboración coa escola cun montón de grazas e bicos.

jueves, 28 de mayo de 2009
Unha escola medieval
Seguindo co traballo de Formación de Usuarios, xa comezamos o estudo e i
nvestigación sobre a idade media. Polo de agora, o equipo da biblioteca axudado polo de actividades extraescolares e o traballo enorme dos nenos, profesores, familires do profesorado e familias do noso alumnado, fomos ambientando a escola e convertémola nunha escola medieval. Deixámosvos algunha mostra dos nosos corredores... que estades invitados a visitar ata o 20 de xuño.



miércoles, 20 de mayo de 2009
ANTROIDO MEDIEVAL
Seguindo coa formación de usuarios, dende a biblioteca propúxose aproveitar a ocasión para lucir traxes medievais. A proposta aceptouse por unanimidade e cada ciclo elexiu o disfraz que máis lle gustou: cento dez soldados, campesiños, aventureiros, damas e cabaleiros; reis e raíñas, troveiros,
mesonei
ras
e a corte do rei Arturo
desfilaron polo pavillón ó son d
e bailes e cancións.
mesonei
ras
e bailes e cancións.sábado, 16 de mayo de 2009
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Con esta primeira celebración do ano empezamos tamén co traballo de investigación que dende a biblioteca propuxemos para o semestre: a Idade Media. Pode parecer pouco realista conectalo con aquela época, pero tiñamos como obxectivo o estudo dos Dereitos Humanos: como era daquela a vida da xente máis desfavorecida, como é hoxe e comparar:
- Xa non hai escravos?
- Todos temos dereito a unha vivenda?
- Todos temos dereito a que se recoñeza a nosa persoa?
- Todos temos dereito á educación, á sanidade?...
Pois sí, pero cúmprese?
- Xa non hai escravos?
- Todos temos dereito a unha vivenda?
- Todos temos dereito a que se recoñeza a nosa persoa?
- Todos temos dereito á educación, á sanidade?...
Pois sí, pero cúmprese?
lunes, 3 de noviembre de 2008
Noraboa pois case todos/as déchedes co asunto. Sí, trátanse de anaquiños de obras do noso autor do trimestre Agustín Fernández Paz. Sabemos que xa estades a ler os seus libros e ós máis pequenos lenllos as profes e as nais -seguro que tamén os pais-. Témolos todiños na nosa biblioteca, nun espazo reservado para que os collades cando queirades. Aquí mesmo, mirade


É como o que máis nos gusta e que os leades, todos se pode ser, deixámosvos os títulos da súa obra:
* A cidade dos desexos
* As flores radiactivas
* Contos por palabras
* Lonxe do mar
* O tesouro do dragón Smaug
* Rapazas
* Unha lúa na fiestra
* As tundas do corredor
* Trece anos de Branca
* Cartas de inverno
* Amor dos quince anos
* Avenida do Parque
* O centro do labirinto
* A néboa escura
* O laboratorio do doutor Nogueira
* Noite de voraces sombras
* Un tren cargado de misterios
* Aire negro
* Corredores de sombra
* O único que queda é o amor
Que os disfrutedes!!!!


É como o que máis nos gusta e que os leades, todos se pode ser, deixámosvos os títulos da súa obra:
* A cidade dos desexos
* As flores radiactivas
* Contos por palabras
* Lonxe do mar
* O tesouro do dragón Smaug
* Rapazas
* Unha lúa na fiestra
* As tundas do corredor
* Trece anos de Branca
* Cartas de inverno
* Amor dos quince anos
* Avenida do Parque
* O centro do labirinto
* A néboa escura
* O laboratorio do doutor Nogueira
* Noite de voraces sombras
* Un tren cargado de misterios
* Aire negro
* Corredores de sombra
* O único que queda é o amor
Que os disfrutedes!!!!
HOLA A TODAS E A TODOS!!!
Ímosvos propoñer unha pequena actividade. Sodes capaces de recoñecer estas fotos?



Si, si... Xa sabemos que andan pola biblioteca da escola, e polos corredores e mesmo na entrada. Pero, porque? Que se lle pudo meter na cabeza ás mestras e mestres de San Tomé? Con que terán que ver? Buscade, buscade....
Ímosvos propoñer unha pequena actividade. Sodes capaces de recoñecer estas fotos?



Si, si... Xa sabemos que andan pola biblioteca da escola, e polos corredores e mesmo na entrada. Pero, porque? Que se lle pudo meter na cabeza ás mestras e mestres de San Tomé? Con que terán que ver? Buscade, buscade....
jueves, 11 de septiembre de 2008
BENVIDA Ó CURSO
Xa chegou o 11 de setembro!!!!! Así que a partires de mañá mesmo estamos á vosa disposición porque temos novidades na biblioteca e algo que imos estrear xa e que se vai repetir a cotío durante vinte minutos ó día despois do recreo: IMOS LER na clase, o que queiramos, o que nos apeteza: o libro de todas as noites, a revista que nunca me dá tempo a ver, a enciclopedia de animais mostruosos, o atlas do corpo humano, a sección local do xornal... O QUE QUEIRAMOS, e sabedes máis? Non nos van pedir contas!!! Nada de responde estas preguntas, fai un resumo do que leches, e esas cousas que sempre están a pedir os mestres e as mestras. Sorprendidos, eh?
Pois sí, xa vos van explicar nas clases. Pero ainda hai máis, só que iremos contándoo ós poucos. Como adianto estamos en tratos para que o escritor Agustín Fernández Paz veña á nosa escola e acaso logremos ver un cabaleiro medieval chegar a cabalo polos corredores de San Tomé convertidos en murallas dun castelo. Quen sabe, os libros teñen eso, fantasías e ilusións. Imos tentar facelas realidade.
Un bico para todos/as e bo curso 2008-2009
Pois sí, xa vos van explicar nas clases. Pero ainda hai máis, só que iremos contándoo ós poucos. Como adianto estamos en tratos para que o escritor Agustín Fernández Paz veña á nosa escola e acaso logremos ver un cabaleiro medieval chegar a cabalo polos corredores de San Tomé convertidos en murallas dun castelo. Quen sabe, os libros teñen eso, fantasías e ilusións. Imos tentar facelas realidade.
Un bico para todos/as e bo curso 2008-2009
jueves, 26 de junio de 2008
FESTA FIN DE CURSO
DESPEDIDA DO CURSO
Rematou o curso. Agora só queda disfrutar do verán e desexarvos unhas felices vacacións cheas de ocio e de libros, pois nunca está de máis incluir ós libros no noso lecer, porque ler non é só cousa da escola. Podédelo facer na praia, na piscina, no cuarto... así que non vos esquezades de meter un libro viaxeiro nas bosas bolsas de praia ou maletas de vacacións. Un bico para todas e todos do equipo de biblioteca e do claustro de San Tomé. Vémonos en setembro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)