Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "ILLAS ATLÁNTICAS"
sábado, 25 de enero de 2025
III CERTAME DE PODCAST
martes, 10 de diciembre de 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL
O Nadal está á volta da esquina e quen máis e quen menos xa escribiu a súa cartiña cos agasaios que lle gustaría recibir.
Os libros sempre son unha boa opción para pedir, por iso vos deixamos por aquí unhas recomendacións lectoras que nos parecen interesantes por se andades escasos e escasas de ideas.
BO NADAL A TODAS E TODOS!
jueves, 21 de noviembre de 2024
NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO
Dende fai uns aniños, o mes de novembro adoita dedicarse á conmemoración da ciencia en lingua galega. Por aquí vos deixamos algúns exemplos de experimentos que estamos a realizar estas semanas para impulsar o emprego do galego dentro do ámbito científico.
sábado, 9 de noviembre de 2024
VOLUNTARIADO NA BIBLIO
Este mes de novembro puxemos en marcha o VOLUNTARIADO NA BIBLIO. Durante os recreos, cada día, dous nenos ou nenas diferentes de 6º de Primaria estarán na biblioteca axudando na organización e xestión desta. Entre outras cousas, as voluntarias e voluntarios realizarán o préstamo de libros, axudarán a buscar os exemplares que os usuarios lles demanden e ordenarán as diferentes obras dacordo ao nivel de lectura e autor.
martes, 5 de noviembre de 2024
BIBLIOTECA TENEBROSA
lunes, 4 de noviembre de 2024
24O. DÍA DAS BILIOTECAS ESCOLARES
Este curso, para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares, que tivo lugar o 24 de outubro, os diferentes niveis do centro elaboraron murais cos títulos dos seus libros preferidos, cos cales decoramos os corredores durante estas semanas.
Ademais, cada grupo-clase realizou unha votación para escoller con que nova obra lles gustaría contar na súa aula e así solicitar a súa compra ao Equipo de Biblioteca do centro.
Facede click nas imaxes para poder ver algunhas fotografías do que estivemos a facer para conmemorar este día.
jueves, 24 de octubre de 2024
CONTACONTOS CON CRIS DE CALDAS
miércoles, 23 de octubre de 2024
ESTAMOS DE VOLTA!
Bos días! Benvidas e benvidos un curso máis ao blog da biblioteca do CEIP San Tomé. Despois dun mes de setembro de readaptación e volta á rutina, estreamos un novo proxecto de centro que servirá como fío condutor do traballo que cada unha das aulas realizará durante os vindeiros meses.
lunes, 17 de junio de 2024
OBRA DE TEATRO DE 6º: "Perdidos en el bosque"
Hoxe algúns alumnos e alumnas de 6º de Primaria fixeron desfrutar ás demais clases do colexio cunha obra teatral creada por eles mesmos e mesmas, a cal leva por título: "Perdidos en el bosque".
Tras elaborar, revisar e modificar o guión, buscar o decorado necesario e ensaiar a representación do texto, estas nenas e nenos amosáronlle ao resto do alumnado esta fermosa historia.
Podedes ver algunhas imaxes da mesma facendo click no cartel da obra.
Noraboa a todos e todas por esta peza teatral! Todo un exemplo de traballo en equipo e autonomía!
sábado, 25 de mayo de 2024
I TORNEO DE PRIMAVERA DE XADREZ
Definitivamente, un dos grandes protagonistas deste curso no CEIP San Tomé está a ser o xadrez. Os alumnos e alumnas que actualmente están en 6º curso xa amosaran moito interés por este xogo a finais do curso anterior e pediran recibir clases sobre o mesmo. Atendendo á súa demanda, dende setembro están a ter unha sesión de xadrez cada tres semanas, na hora de Matemáticas, aprendendo sobre este xogo de mesa de estratexia da man dun profesional do mesmo.
Ver xogar aos maiores no recreo animou ao resto de nenas e nenos do centro a facelo tamén, convertendo as mesas do patio nun espazo de reunión dedicado ao xadrez. Vendo este gran éxito, varios rapaces e rapazas de 6º propuxeron realizar un torneo de xadrez no colexio e puxéronse mans á obra, coa axuda das súas mestras e mestres. Elaboraron os carteis cos que anunciaron o torneo, preguntaron polas aulas quen querería participar e organizaron as categorías e os diferentes cruces dentro destas.
Esta semana comezou o I Torneo de Primavera de Xadrez do CEIP San Tomé. Os máis maiores da escola preparan cada día os taboleiros cinco minutos antes de que comece o recreo e encárganse de exercer como xuíces nas diferentes partidas.
Facendo click aquí ou no cartel poderedes ver algunhas imaxes deste torneo.
Está a ser unha experiencia moi gratificante!





