jueves, 4 de diciembre de 2014

EXPERIMENTOS DE ÓPTICA

Remataron os experimentos deste trimestre e agora toca poñervos as fotos que tanto pedides. Tardamos un pouco porque os nenos e nenas de Infantil ainda tiveron onte a última sesión. Xa completos,fixemos esta montaxe que esperamos sexa do voso agrado.

A visita de César Portela na prensa

A visita que nos fixo o arquitecto pontevedrés César Portela o pasado martes tivo repercusión na prensa local, xa que La Voz de Galicia publicouna na edición de Arousa.
Deixámosvos unha copia da mesma.


lunes, 1 de diciembre de 2014

ILUSIÓNS ÓPTICAS FISIOLÓXICAS

Aquí tendes a segunda parte das Ilusións ópticas que miramos a semana pasada nas sesions dos experimentos vista, cerebro e visión.

domingo, 30 de noviembre de 2014

OBRAS DE CÉSAR PORTELA

Un pouquiño máis para ver algunhas das obras civiles, particulares e o traballo que Portela fai no medio onde levanta as súas construccións.

VISITA DE CÉSAR PORTELA

César Portela é o arquitecto do faro de PUNTA NARIGA en Malpica, entre outras moitas obras tanto en Galicia como en España e no mundo enteiro. Xa sabedes que nos vai visitar o vindeiro martes pola maña para ter unha conversa co alumnado de 3º ciclo na Biblioteca. É por iso que vos deixamos aquí unhas entrevista  nas que fala da súa obra baixo o título "ELOGIO DE LA LUZ".  Hai máis videos na rede que tamén podedes ollar, como o emitido pola TVE na 2, neste enderezo que vos deixamos  www.rtve.es/...cesar-portela-arquitectura.

Aquí tendes a imaxe do faro e os videos



Sobre o faro de Punta Narig

a

Sobre o cemiterio de Fisterra



Sobre a súa vida




http://www.rtve.es/alacarta/videos/elogio-de-la-luz/elogio-luz-cesar-portela-arquitectura-solidaria/1792351/

sábado, 29 de noviembre de 2014

jueves, 27 de noviembre de 2014

EXPERIMENTOS NA ESCOLA

Estamos a piques de rematar os 15 días de experimentos de óptica, luz, vista e visión, pero non imos publicar as fotos ata rematar de todo. Parécenos que vos gustaron moito e polo que estamos lendo nas vosas libretas, estamos moi contentas e contentos dos vosos comentarios e dos escritos. Para nós está sendo un pracer contar e ensinar esas experiencias que non están nos libros pero que son tan marabillosas. Encántanos as vosas caras sorprendidas, as bocas abertas, as ganas de probar, as preguntas tan complicadas que nos facedes e que non sempre sabemos respondervos ao instante pois temos que investigar para dar a resposta correcta. Aseguramos que aprendemos ao par, vos descubrichedes un montón de cousas e nos tivemos que buscar e organizar de maneiras diferentes para atendervos a todos. Unha chea de gracias ao alumnados e ao profesorado. O equipo da biblioteca.

CÍRCULOS ÓPTICOS

Aqueles/as que queirades máis círculos ópticos podedes descargalos no documento que está máis abaixo. Tamén podedes miralos en google pois alí hai milleiros. Outra opción vai ser que os diseñedes vos. Posiblemente vos queden máis bonitos e personalizados. Animámosvos a que miredes moitos e logo os debuxedes ao voso gusto.
A opción máis doada para facelas no ordenador é empregar as ferramentas de paint para deseñar os circulos, anque se vos manexades en Photoshop ou arcsoft teredes máis posibilidades e variedades.

domingo, 16 de noviembre de 2014

O FARO DE ONS

A seguinte imaxe serve para dúas cousas: primeiramente, para felicitar ao profe Manu por un regalo que nos vai facer a todos e todas para Reis, e como cariño, as profesoras Camino e Laura fixéronlle a maqueta do faro de Ons, que polo de agora quedará na escola. E en segundo lugar, para que vexades o efecto que fai unha lente cóncava sobre unha imaxe. Gracias Manu.

CARACOL ROSA

CARACOL ROSA QUERÍA VER A LUZ DO FARO é unha historia feita polas nenas e nenos de 4 anos da profesora Elena. A súa protagonista saiu de outro conto que a profe lles leu na clase, e quixeron ter a súa propia historia: desde a elección da protagonista, a súa feitura, o nome, o título e o relato. Fixeron que Elena andara de noite pola illa de A Figueira asombrando aos habitantes se San Tomé co caracol no colo dun lado para outro. Aquí o tendes.