miércoles, 17 de abril de 2013

UNHA CARTA POR E-MAIL

Sabedes? Paula Carballeira non se fixo de rogar e  contestouvos. Hoxe a profe Lula recibiu a carta no seu correo. Quedou escatalada cando tal veu. Xa sabedes que Lula é moi rebuldeira e apaixoada da lectura. Cantos VIVAS! e OLÉS! botou. Como un lostro fotocopiou a carta, decorouna e colgouna da porta da biblioteca con ese arte que ela ten. Pois agora tamén a poñemos aquí para todos e todas as persoas desta escola que non tiveron o gusto de escoitala hai unhas semanas. 

Se non logrades ler ben, picade sobre a foto para ampliala.

martes, 16 de abril de 2013

ENTRE VESTIDOS

Nun dos cambios de clase cachamos aos alumnos e alumnas de 6ºB e de Infantil de 3 anos mirando a exposición dos vestidos (túnicas, chilabas, melfas, chullos, bufandas, sari, getas, fez, puyanbís, gorras, babuchas, ....). Case non se atrevían a tocar, pero temos que dicirvos que podedes tocar e ata probar sempre que esteades acompañados por unha profe. Tende en conta que os traxes son todos prestados e temos que coidalos mellor que se fosen nosos. Vale?

UN AGRADECEMENTO

Hoxe queremos deixar neste post unha mensaxe de agradecemento para Vita, unha muller letona que desinteresadamente se achegou ata o colexio para falarnos do seu pais, Letonia; dos seus idiomas,o letón e o ruso; da súa música, pois Vita é cantante e vive en Raxó, preto de Pontevedra. Ela veu ata Cambados sen máis interese que contarnos, informarnos, deixarnos ver un video moi ben montado por ela. O seu cariño é tan grande como a súa estatura. Moitas grazas Vita. 

domingo, 14 de abril de 2013

XOGOS DO PERÚ

Karen, a mamá de Francisco de Infantil de 4 anos estivo o venres xogando cos pequenos. Tróuxoxos 4 xogos do Perú: o MATAGENTE ( semellante ao noso partido matado), o KIGÜI (xogo de tirar latas por quendas), o xogo de PLEI (un enredo con chapas) e o xogo do MUNDO (como a nosa paturra ou peletre).
As profes de infantil teñen unha morea de fotos pero nós imos poñervos algunhas.

Xogo do KIGÜI



Xogo do PLEI



Xogo do MUNDO




xogo MATAGENTE



Agradecémoslle a Karen o tempo de xogo e o seu esforzo, pois marchou "aghotada"


jueves, 11 de abril de 2013

MONTÓNS DE PAXAROS EN GALICIA

Non é broma! Todos os paxaros que ides ver aquí non son viaxeiros. Pasan con nós o verán e o inverno aguantando frío, calores e choivas. Ao lado de cada un ides ver o mapa de Galicia, nalgúns casos todos pintados de laranxa, outras veces pintados por zonas. Ese é o hábitat do paxaro que se describe. 

miércoles, 10 de abril de 2013

Adeus a José Luis Sampedro

Dende a Biblioteca do CEIP San Tomé queremos sumarnos á homenaxe que se lle está facendo a José Luis Sampedro.
Ademais de ser un excepcional escritor era un firme defensor das bibliotecas.
Dende aquí mostramos o noso pesar pola súa perda e lle profesamos a nosa admiración e o máis profundo respeto.

lunes, 8 de abril de 2013

O elefante asiático

Quen nos ía dicir a nós que aos elefantes hai que cortarlles a uñas? Pois menudo cortauñas. Ou que se poden sentar, escaiolarlle unha pata e lavarle os dentes... Pois sí. Neste documento Mon explícanos eso e moitas máis cousas.

domingo, 7 de abril de 2013

Ano Novo Chinés. Exposición de Isabel

Deixámosvos aquí o documento que nos contou Isabel, a nai chinesa. Como ela ainda non fala ben o castelán nin o galego, nós axudámoslle a preparar esta exposición. Si as profes queren poden poñérvola na clase.
Todas as imaxes foron collidas da rede. Si os autores/as non permiten o uso das mesmas estamos á súa disposición para retiralas. Mentres tanto, agradecémoslle a súa disposición.

ANO NOVO CHINES. para 6º. Isabel 

Ole, ole, oleeeeeeeeeeeee!

Menuda semana a que rematou! A escola estivo chea de nais. Nais en infantil, en 5º, en 2º e 1º; nais en 6º, 4º, 3º. Nais na sala de profes... Despois de superar a vertixe inicial de verse fronte a vos (¿50 niños todos juntos?, preguntaban algunhas) foron quecendo e agora, tanto elas coma nós, queremos un pouquiño máis.
Houbo algúns cambios con respecto ao calendario inicial, sumouse algunha que outra mamá, pero a valoración é de todo magnífica. Desfilaron pola escola comidas, contos, bailes, películas, moitísimas palabras, abecedarios, escolas, mulleres, festas e flores. E ainda nos quedan para esta semana: os xogos peruanos, a lingua Quechua, uns contiños polacos e a muller no Perú. 
Temos que agradecer dende aquí a participación de:
Dina, a mamá de Niurka, dende o Perú.

Anna, a nai de Alejandro, polaca

Cris, a mamá de Marta, peruana

Fátima, a nai de Carmen Irina e Andrei

Elizabeth e Dina, Perú


Susana, nai de Raquel Qin

Isabel, nombre castelán adoptado pola nai de Jie Wang. O seu nome chinés é imposible de escribir
Karen, nai de Tamara e a mamá de Iker. As dúas terán proximamente a súa foto aquí. 
Moitísssssimaas grazas.

jueves, 4 de abril de 2013

Visita de Paula Carballeira

Os alumn@s de 4º de Primaria recibiron cos brazos abertos a visita de Paula Carballeira. A coñecida escritora, actriz econtacontos achegouse ao noso cole porque estes rapaces leron o seu libro "Casas". Ademais, complementaron a lectura elaborando maquetas de casas de todo o mundo. 

Puideron facerlle preguntas relacionadas co libro, pero non quedou aí a cousa, xa que Paula agasallounos con historias de misterio e terror que mantiveron a todos os presentes en vilo. Unha actividade única que quedará nas memorias dos nenos e nenas.

Premendo na foto de Paula podedes ver más imaxes da xornada.
Premendo na imaxe de abaixo, accederes ao álbum coas casas feitas polos alumnos.