Este é o conto dos rapaces e rapazas de Infantil de 4 anos, da profesora Elena. Encargáronse de todo: de pensar, escribir, ilustrar, pegar e montar toda a historia. Que farán cando teñan cinco anos? Adiantámosvos que é moi bonito.
4 anos elena
Blog da biblioteca do CEIP San Tomé de Cambados, no que este curso temos como proxecto: "UN MUNDO, MOITAS VOCES"
sábado, 5 de mayo de 2012
jueves, 3 de mayo de 2012
UN PINOCHO DISTINTO
Os nenos e nenas de 2º A e 2º B fixeron entre todos este conto de Rodari. Eles déronlle mil voltas a Pinocho, só lles quedou fabricar un de madeira, máis non lle demos ideas ás profes Silvia e Patricia que logo se poñen a buscar un bo toro de carballo, collen a trencha e póñense a facelo a tamaño natural. Nós conseguimos montar o un dos seus libros neste capítulo que deixamos a continuación.
ENSALADA DE CONTOS
Os nenos e nenas de 3 anos traballaron unha ENSALADA DE CONTOS, como podemos ver no video. Mesturaron a Peter Pan coa Carapuchiña, Pinocho, os Sete Cabuxiños ... Foron ás colchonetas.. MIRADE
UN CANTAR DE CEGO
Sentímolo moito, nenas de 5º e 6º pero non podemos poñer o video do voso cantar pois hai dúas nenas que non poden sair no blog. Nembargantes, incluímos as vosas voces ilustradas cos textos e debuxos do conto. É marabilloso oirvos. Falta a parte visual na que xesticulades, poñedes caras de emoción... pero como xa vos vimos todo o cole, dámonos por satisfeitos.
CARAPUCHIÑA EN PICTOGRAMAS
Para os pequenos, grandes, medianos; para os que xa saben ler e para os que non saben ainda, para os que lle gustan os debuxos, para todos... este conto especial do profe Mon adaptado polo equipo da biblioteca. Esperamos que vos guste.
OS VOSOS LIBROS
Despois dalgúns problemas técnicos, xa estamos en disposición de publicar os traballos que presentáchedes para a semana do libro, dando así por rematado o Proxecto Rodari. Iso non quere decir que non sigamos traballando pero xa non se farán novas propostas. Se é posible, o próximo curso seguiremos con este autor. Intentarémolo.
OS VOSOS LIBROS
Durante estes días imos poñer aquí, ós poucos, os vosos libros. Tranquilos todos, os de 3º e s de 6º tamén pois xa vemos que os reclamades. Todos van quedar na biblioteca, no espazo de Rodari, anque podedes levalos para as clases.
Primeiro de todo, un libro titulado "CÓNTASME UN CONTO". Todos son contos de nenos e nenas da escola anque o formato é cousa do equipo da biblioteca pois quixemos poñelos bonitos porque o merecedes.
miércoles, 18 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO
Ola de novo. Xa queda pouco para o 23 de abril, ese día especial para todos ós que nos gusta ler. Estamos organizándoo todo para, alomenos, igualar o do curso pasado, anque cremos que o imos superar. Por que? Moi doado: porque este ano, ademáis de adicarlle un tempiño especial a Rodari, temos que dicirvos que os protagonistas ides ser toooooodooooos e tooooodaaas vos. A partires de mañá e ao longo de toda a semana que ven, os vosos contos, adiviñas, por ques, xeroglíficos e poesías converteranse nuns libros marabillosos que xa estamos a rematar. Como sempre, ocuparán a entrada do cole. Tamén proxectaremos os videos nos que aparecedes moitos de vos lendo, recitando, preguntando, cantando... Iso será unha sorpresa especial para o luns, así como as encadernacións dos traballos. Por iso non imos deixar aquí fotos nin imaxe ningunha. Sentímoloooo!
Lembrade: se tendes algo máis agochado polas libretas, nas carpetas, no fondo da mochila... ainda estades a tempo de entregalo ao equipo da biblioteca para velo publicado, vale?
Ata logo.
miércoles, 11 de abril de 2012
OUTRO LIBRO DE CARAPUCHÑA
UN NOVO LIBRO PARA LEMBRAR, DIVERTIRSE E APRENDER. TODO VAI ARREDOR DA ESCOLA E DAS RIMAS DE RODARI .
domingo, 8 de abril de 2012
OS POR QUE DOS NENOS E NENAS
Ola a todos e todas. Xa rematan as vacacións de Semana Santa- Que pena?, POR QUE?
Porque hai que volver á escola, porque as profes van rompervos a cabeza, porque hai que madrugar, polos deberes, os exames, ... Ben, pero, é os recreos?, e o intercambio de cromos?, e as tarxetas de aniversario?, e os ensaios de música?, as competicións de educación física? a loita para dicir "rematou o recreo"?. Xa vedes que hai razóns e por ques para todo... Por iso, e porque non queremos que nos digades por que non puxéchedes no blog os por ques? -meu Deus, que follón- aquí os tendes. Non son todos os que están pero están todos os que son. Os que faltan poderedes velos no sitio reservado para eles no cole.
Por que.....
Porque hai que volver á escola, porque as profes van rompervos a cabeza, porque hai que madrugar, polos deberes, os exames, ... Ben, pero, é os recreos?, e o intercambio de cromos?, e as tarxetas de aniversario?, e os ensaios de música?, as competicións de educación física? a loita para dicir "rematou o recreo"?. Xa vedes que hai razóns e por ques para todo... Por iso, e porque non queremos que nos digades por que non puxéchedes no blog os por ques? -meu Deus, que follón- aquí os tendes. Non son todos os que están pero están todos os que son. Os que faltan poderedes velos no sitio reservado para eles no cole.
Por que.....
View more presentations from egsumay.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)