viernes, 2 de julio de 2010

O libro dos Planetas, Meteoriños e Cometas

Os de primeiro buscaron información sobre Planteas, Cometas, Meteoriños... Resumiron, escribiron a máquina, ilustraron, fixeron pareados e decoraron as páxinas axudados polas profes Pili Prego e Maricarme Nogueira.



























O libro do Sol

Agora presentamos o outro libro dos nenos e nenas de Infantil do colexio. Este trata do sol e, ademáis de ser divetido, aporta moita información resumida e asequible para todos. Naroboa ó alumnado e ás profes.












Libros sobre o espacio

Ainda que tarde, temos que dicirvos que a edición dos libros sobre o espacio é marabillosa. Imos tentar deixarvos aquí un exemplar de cada curso para que os poidades imprimir. Lembrade que tendes que picar en cada folla para ampliala, logo copiádela e gardádela nun arquivo para despois imprimilos se queredes.
Como sempre, empezamos polos máis pequenos que adicaron o seu traballo ó Sol e Universo, dous libros pop up que xa quedan nos fondos da nosa biblioteca.








martes, 27 de abril de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

Un ano máis chega o 17 de maio, o día especial das Letras Galegas. Desta volta temos como persoeiro honrado ó poeta de Lugo (Parada, O Courel) Uxío Novoneyra. A asociación de ensinantes do Salnés e, máis concretamente Adela Leiro e Mon, traballaron arreo para deixarnos nas escolas de Cambados unhas montaxes sobre a vida e obra do poeta. Se a obra é preciosa, as imaxes propiedade de Adela e de Mon son espectaculares e corresponden ás letras de Novoneyra. Temos o seu permiso para poñer algunhas aquí e, por suposto, para ensinarvos polos ollos e os oidos quen foi e o que fixo o poeta galego.
Na semana das Letras adicaremos un tempo a ver e falar del.



Grazas o/a autor/a.

viernes, 23 de abril de 2010

Día do libro

Hoxe celébrase a Día do Libro. O alumnado de 3º ciclo asistiu a unha mañá de lectura na biblioteca do Concello. Leron poemas e textos relacionados co Xacobeo e o Camiño de Santiago sacados dos poemarios de Cabanillas, Rosalía de Castro, Novoneyra... Parere que lles gustou e non foron só unhas horas de liberación de clase. Desexamos que este día continúe o resto do ano cuns minutos diarios adicados á lectura por pracer, por diversión, por aprender e descubrir fantásticos mundos que saen das cabezas dos literatos.

No video seguinte explícase polo miúdo o que é un libro. Neste mundo tan informatizado e tecnificado no que respiramos, é posible que perderamos certos hábitos, coñecementos e significados; así pois, recurrimos á unha reportarse audiovisual pavera para refrescar a memoria. Prestade atención!!!!!!

domingo, 11 de abril de 2010

Estudio do Espacio

Hola nenos e nenas de San Tomé. Estamos impresionados dos traballos marabillosos que estades a facer, pero hoxe imos adicarlle o tempo a Infantil e 1º Ciclo de Primaria. No video que sigue recollemos un pouquiño do traballo das súas investigacións na biblioteca do cole e tamén nas bibliotecas das aulas así como os traballos plásticos, decorativos e escritos que despois aparecerán -ou non-no libro final que cada nivel presentará segundo os títulos a investigar. Neste caso, os de Infantil estanse adicando o estudo das estrelas e o 1º ciclo investiga arredor dos planetas. O equipo de biblioteca e actividades extraescolares axúdalles a facer as 8 bolas que dentro de pouco se converterán en planetas a escala do noso sistema solar e a estrela máis grande: o sol. Cando rematedes tamén os veredes colocados polos corredores da escola.
O departamento de extraescolares estavos a montar outro Lim sobre feito. Se queredes probar, ide o seu
blogue. Ata logo.

O espacio

miércoles, 10 de marzo de 2010

ESTUDIO DO UNIVERSO

A profe Elena atopou este video precioso sobre o universo. Está collido da páxina de Museo Americano de Historia Natural. Merece a pena adicarlle 6 minutos. Empeza cunha imaxes da Terra e remata no universo ensinándonos constelacións e galaxias... Descubrídeo vos.

http://www.youtube.com/user/AMNHorg#p/u/0/17jymDn0W6U

lunes, 8 de marzo de 2010

Ola a todos e todas. Hoxe o departamento de TICS do cole quere facernos un regalo. Despois de tantos días coas nebulosas a voltas prepararon unhas actividades moi divertidas para nós. Témolas na pantalla que segue. Para os que nunca xogarades co Edilim decímosvos que podedes ampliar o libro de traballo picando na ventá branca que está arriba á esquerda. Se queredes oir os sons activade o altavoz que está na ventá do medio e, si queredes saber os resultados finais, picade na ventá marcada cun I.


Para pasar dunha actividade a outra, premede a frecha branca na parte inferior dereita de cada actividade e, se vos apetece repetir, volvede a empezar. As actividades cambiarán de orde. Para sair da pantalla completa só tentes que premer a tecla ESC do voso teclado. Que o disfrutedes.